A XXI Carreira Pedestre Popular do Pino congrega este domingo a 370 atletas
As categorías escolares reunirán 195 participantes, con probas desde Sub-18 ata Sub-6
Laura Moure/O Pino
Un total de 370 atletas participarán este domingo, 20 de setembro, na XXI Carreira Pedestre Popular do Concello do Pino. A proba, incluída no XII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, reunirá deportistas das diferentes categorías, desde máster ata Sub-6.

A saída e a meta estarán situadas na praza de Forcarei, en Arca, onde as persoas participantes poderán retirar os seus dorsais na secretaría técnica ata media hora antes do
comezo de cada proba.
PUBLICIDADE
A xornada deportiva comezará ás 10:00 horas coa carreira absoluta de oito quilómetros,
que conta con 175 persoas inscritas. Ás 11:00 horas será a quenda das categorías Sub-16 e Sub-18, con 24 participantes, que deberán completar un percorrido de dous quilómetros.
As probas escolares continuarán ás 11:30 horas coa categoría Sub-14, na que competirán 30 atletas sobre unha distancia de dous quilómetros. Ás 11:45 horas tomarán a saída as 50
persoas inscritas en Sub-12 e, dez minutos máis tarde, farano as 42 da categoría Sub-10.
Ambas as probas terán un percorrido dun quilómetro.
A categoría Sub-8, con 20 participantes, comezará ás 12:05 horas e terá unha distancia
aproximada de 505 metros. Pecharán a competición, ás 12:10 horas, os 29 nenos e nenas
de Sub-6, que percorrerán un circuíto duns 340 metros.
PUBLICIDADE
Organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a carreira está aberta á participación de atletas federados e non federados,
cunha única clasificación conxunta.
PUBLICIDADE
O Concello entregará trofeos aos tres primeiros e ás tres primeiras clasificadas das
diferentes categorías, agás en Sub-6, na que non haberá clasificación. Tamén se recoñecerá o primeiro e a primeira atleta local das categorías escolares, desde Sub-8 ata
Sub-18, entre outras premiacións. Ademais, todas as persoas participantes nas categorías
comprendidas entre Sub-6 e Sub-12 recibirán unha medalla.










Comentarios