top of page

A Xunta trasladou a Antas o compromiso de volver licitar o novo centro de saúde a inicios de 2026

Sanidade explicou que a empresa adxudicataria do proxecto se atopa en concurso de acredores, circunstancia allea ás administracións que impediu o inicio das obras


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, mantivo unha reunión de traballo co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, co obxectivo de coñecer de primeira man a situación do novo Centro de Saúde de Antas de Ulla .

Concentración para esixir melloras no centro de saúde de Antas. Autor: Ecos da Comarca.
Concentración para esixir melloras no centro de saúde de Antas. Autor: Ecos da Comarca.

Durante o encontro, desde a Consellería explicouse que a empresa adxudicataria do proxecto se atopa en concurso de acredores, circunstancia allea ás administracións que impediu o inicio das obras. A Xunta trasladou á alcaldesa o compromiso firme de volver licitar o proxecto no primeiro trimestre de 2026, axilizando ao máximo os prazos.


Ante esta situación, e pensando sempre no benestar da veciñanza , Pilar García solicitou unha actuación urxente no actual Centro de Saúde, xa que a cuberta presenta importantes filtracións de auga. O conselleiro comprometeuse a enviar un técnico nas vindeiras datas para avaliar a situación e executar a reparación necesaria .


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“Seguimos facendo xestión, falando claro e defendendo os intereses de Antas de Ulla. O importante é que hai compromisos concretos e unha folla de ruta definida”, sinalou a alcaldesa.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"A reunión desenvolveuse nun clima de diálogo, colaboración e boa sintonía institucional, coa prioridade posta en garantir unha atención sanitaria digna e segura para veciños e veciñas. Desde o Concello de Antas de Ulla seguimos traballando, con responsabilidade e constancia, para que o novo Centro de Saúde sexa unha realidade canto antes".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page