top of page

A Xunta remata as obras da nova senda peonil na estrada AC-240 en Touro

Esta amplía e dá continuidade ao itinerario entre Burres e Ponte Ulla


Laura Moure/Touro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras da nova senda peonil na estrada AC-240 en Touro, que amplía e dá continuidade aos itinerarios existentes entre Burres e Ponte Ulla. As actuacións, cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, permitiron habilitar 400 metros lineais de senda, favorecendo a mobilidade dos veciños en condicións máis seguras e sostibles.

Nesta intervención executáronse tres treitos de senda peonil na marxe esquerda da estrada AC-240, ao seu paso polo municipio coruñés. Construíuse un treito na contorna do punto quilométrico 22+200; outro, entre os puntos quilométricos 22+600 e o 22+805, ambos os dous en Prevediños; e o último, entre o quilómetro 13+303 e o 13+424, en Fonte Díaz.


O obxectivo desta actuación é contribuír a favorecer a mobilidade dos veciños en condicións máis seguras e sostibles. Como tarefas previas ás obras procedeuse á escavación de sobreancho, corte do pavimento existente en todos os treitos e demolición das gabias na contorna do quilómetro 22+700.

Tras estes traballos procedeuse ao estendido dunha capa de 15 centímetros de saburra que serve de soporte ao pavimento da senda executada en pavimento de formigón de cor terrizo, de 15 centímetros de espesor e 1,80 metros de ancho, que vai armado con mallazo.

Como obras complementarias, leváronse a cabo actuacións de drenaxe nos treitos de Prevediños, mediante a construción dunha canalización con tubaxe de PVC de 315 mm de diámetro, coas súas correspondentes arquetas.

A Xunta continúa mellorando a rede viaria autonómica para ofrecerlles aos cidadáns unhas estradas eficientes e seguras


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page