A Xunta inviste preto de 150.000 euros na mellora de 3,8 quilómetros de vías rurais en Monterroso
- ecosdacomarca

- hace 18 horas
- 1 Min. de lectura
O delegado territorial, Javier Arias, explica que se acondicionan accesos en varios núcleos de poboación con cargo aos plans de mellora de camiños de Medio Rural
Ecos da Comarca/Monterroso
A Xunta de Galicia destina 149.600 euros á mellora de vías rurais en Monterroso con cargo ao Plan Camiña Rural 2025-2026 e o Plan Marco de mellora de camiños 2024-2025. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, acompañado do alcalde de Monterroso, Eloy
Pérez, visitou algunhas das zonas de actuación, que supoñen o acondicionamento de case 3,8 quilómetros de conexións viarias en varios núcleos de poboación das parroquias de Novelúa e Ligonde.

As obras ao abeiro do Plan Marco executáronse nun camiño duns 1,6 quilómetros, dende
o enlace coa N-640 en dirección a Areosa, pasando por cruces de comunicación cos
lugares de Lentil e Lamarretorta. Tamén se acondicionou un acceso a este último núcleo,
duns 300 metros de lonxitude.
Publicidade
No que respecta ao Plan Camiña Rural, céntrase na mellora dun vial de 1,5 quilómetros de
Lentil a Areosa; e outro de 380 metros en Lardeiros.
Publicidade
As obras contemplan a rehabilitación do firme, actuacións de drenaxe e tamén melloras na
sinalización horizontal e vertical, en especial na intersección.








Comentarios