A Xunta inviete máis de 410.000 euros no obradoiro dual de emprego de Lalín
- Laura Moure
- hace 1 día
- 2 Min. de lectura
Formará a 20 persoas desempregadas nas especialidades de auxiliares en conservación e mellora de montes e auxiliares de revestimentos de construción
Laura Moure/Lalín
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o Obradoiro de Emprego ‘Sámago’, no concello de Lalín. Trátase dun obradoiro que formará a 20 persoas desempregadas nas especialidades de auxiliares en conservación e mellora de montes e auxiliares de revestimentos de construción. Este obradoiro, que ten unha duración aproximada nove meses, é posible grazas a un investimento da Xunta de preto de 412.000 euros.
Publicidade
Así, o alumnado está a recibir a formación necesaria para poder desenvolverse nas súas respectivas áreas, ademais de contar con prácticas remuneradas durante toda a duración do curso. Ademais, estas prácticas reverten a favor dos seus concellos, xa que os participantes realizarán traballos dentro dos seus municipios.
Cabe destacar que a provincia de Pontevedra conta con vinte obradoiros deste tipo que forman a case 400 alumnos e alumnas e que contan cun orzamento total de máis de 8 millóns de euros. Na comarca do Deza-Tabeirós, tamén se está a levar a cabo un obradoiro dual de emprego no concello de Rodeiro.

O delegado territorial visitou ao alumnado que se topaba rehabilitando o centro social da parroquia da Xesta e destacou a “importancia de contar cunha formación práctica que prepare aos participantes para o seu futuro traballo na empresa privada”. Reguera tamén aproveitou a visita a Lalín para visitar o Obradoiro de Garantía Xuvenil ‘Programa de emprego para xovenes Amorea’, que conta cunha achega da Xunta de máis de 274.000 euros e que se está a levar a cabo no local de formación que o concello ten no Polígono Lalín 2000.
Publicidade
Alí dez mozos e mozas estanse a formar na especialidade de xestión de almacéns e aprovisionamento. Cabe destacar que na provincia de Pontevedra estanse a levar a cabo seis obradoiros de Garantía Xuvenil por valor de preto de 2,5 millóns de euros.
Comments