top of page

A Xunta e o concello de Monterroso avanzan no proxecto para mellorar o saneamento no municipio

Ecos da Comarca/Monterroso

A Xunta de Galicia e o Concello de Monterroso seguen avanzando no proxecto para mellorar o servizo de saneamento que se presta á veciñanza. Así, nunha reunión que mantiveron recentemente, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, comunicoulle ao alcalde da localidade, Eloy Pérez, que Augas de Galicia está a ultimar a última revisión do proxecto para a mellora do saneamento e da depuración do municipio, que foi adxudicado por máis de 120.000 euros e que inclúe a construción dunha nova EDAR de maior tamaño.

A conselleira e o rexedor coincidiron no obxectivo de dotar de maior capacidade á rede municipal para dar resposta ao incremento de poboación da localidade e á incorporación do saneamento do centro penitenciario. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo subliñou Ángeles Vázquez, a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page