top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta e a Fundación Meniños renovan o convenio para a atención ás mulleres que sofren violencia

O programa, ao que a Xunta destina 140.000 euros, ofrece unha actuación integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e cos familiares ou persoas da súa contorna


Laura Moure/Xeral

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade acaba de renovar o convenio de colaboración que mantén coa Fundación Meniños para ofrecer unha atención integral a mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia e ás súas familias e persoas da súa contorna. A iniciativa conta cun investimento por parte da Secretaría Xeral da Igualdade de 140.000 euros.

A Xunta de Galicia oferta, a través da Fundación Meniños, recursos terapéuticos especializados que posibilitan e melloran a recuperación das mulleres vítimas de violencia sexual mediante un programa de atención e intervención que conta con profesionais especializados. Os obxectivos principais son o desenvolvemento dun contexto de seguridade e de prevención de novas situacións traumáticas, acompañando as mulleres na adquisición de información e habilidades para afrontar as consecuencias do abuso, a elaboración dunha narrativa adecuada do trauma e promover a súa integridade e benestar.


Publicidade

O convenio permite tamén o desenvolvemento dun programa de asistencia profesional integral e sensible para as familias e persoas da contorna destas mulleres, quen poden chegar a vivir situacións de dor, como as propias vítimas, que sofren desaxustes físicos, emocionais e de conduta.


Publicidade

Con este proxecto, a Xunta continúa na liña de actuación de tolerancia cero respecto da violencia contra as mulleres e a prol da recuperación integral das vítimas de violencia de xénero e sexual e das súas familias.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page