top of page

A Xunta dá luz verde ambiental á construción dun campamento de turismo canino en Arzúa

Oupará unha superficie de 5.000 m2 no lugar de Carballido e contará con 3 cabanas residenciais, unha parcela para acampada libre, un espazo canino e outras instalacións


Laura Moure/Arzúa

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental con condicións ao proxecto para construír un campamento de turismo temático canino no lugar de Carballido, parroquia de Dodro, no concello de Arzúa.

Segundo se conclúe no informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), non son previsibles efectos adversos significativos sobre a contorna derivados do proxecto sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental como nos informes analizados, así como no programa de vixilancia deseñado ao abeiro da iniciativa.


Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública ao tempo que foron consultados un total de 9 organismos interesados.


Froito desas consultas, as entidades realizaron a súa valoración e fixaron condicionantes que se engaden aos incluídos no programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Esas avaliacións consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos respectivos informes con relación a aspectos tales como a protección da atmosfera, poboación e saúde; das augas e leitos fluviais; do solo e infraestruturas; da fauna, vexetación e outros valores ambientais; do patrimonio cultural así como nos eidos da integración paisaxística e da xestión de residuos.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente elixibles para poder desenvolver o proxecto, remitiuse a resolución ao órgano substantivo —a Axencia de Turismo de Galicia— e daráselle publicidade mediante o correspondente anuncio no DOG e a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En canto ao proxecto consiste na implantación dun campamento de turismo dedicado a usos caninos, nunha superficie de 5.000 metros cadrados, que permitirán a instalación de espazos de xogo, residencia, e esparexemento dos cans e dos seus donos. Así, o espazo estará constituído por un edificio de servizos xerais, 3 cabanas residenciais, e unha parcela destinada á acampada libre.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, instalaranse tamén unha zona de aparcamento limitada a 4 prazas, un espazo canino, unha área de xogos infantís, unha zona de grellada e zonas verdes. A capacidade máxima do campamento está prevista para 23 usuarios, con 11 prazas de acampada libre.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page