top of page

A Xunta dá luz verde ambiental a un centro de xestión de residuos non perigosos en Palas de Rei

O proxecto consiste na instalación dun centro xestor de reciclaxe de colchóns usados, que se situará no interior dunha nave que xa ten o promotor na parroquia de Marzá


Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental ao proxecto para a instalación dun centro de xestión de residuos non perigosos, de reciclaxe de colchóns usados, na parroquia de Marzá, no concello de Palas de Rei.

Foto de arquivo dunha planta de reciclaxe de colchóns.
Foto de arquivo dunha planta de reciclaxe de colchóns.

Segundo se conclúe no informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, non son previsibles efectos adversos significativos derivados do proxecto, sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada, como na propia resolución autonómica.


Neste senso, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, ao tempo que foron consultados 9 organismos interesados.


Froito desas consultas, realizaron a valoración correspondente e estableceron condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Esas avaliacións consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación a aspectos tales como a protección da atmosfera, poboación e saúde; das augas e leitos fluviais; do solo e das infraestruturas; da fauna e vexetación ou a xestión de residuos.


Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles para poder desenvolver o proxecto, remitiuse a resolución ao órgano substantivo e dáselle publicidade hoxe a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web da Consellería.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O proxecto consiste na instalación dun centro xestor de residuos non perigosos, concretamente na reciclaxe e valorización de colchóns usados, que se situará  nunha nave existente do promotor que conta con soleira de formigón no interior e exterior, na parroquia de Marzá, ao sur do concello de Palas de Rei.


En concreto, as operacións a desenvolver serán o almacenamento e a clasificación dos colchóns usados e a desmontaxe e separación de materiais, que unha vez valorizados, os residuos almacenaranse e entregaranse ao xestor autorizado ou empregaranse como material para a elaboración de novos colchóns.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O promotor, Espomasa Poliuretano, SL, establece que a capacidade normal de tratamento na instalación será de 1.800 toneladas ao ano e a capacidade máxima será de 2.100 toneladas ao ano.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page