top of page

A Xunta de Galicia declara de utilidade pública a Federación Escuelas Familiares Agrarias de Galicia

O recoñecemento destaca o labor educativo e social das Federación das Efas, entre elas a de Arzúa, no fortalecemento do rural galego e na formación profesional da mocidade


Laura Moure/Arzúa

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de declarar de utilidade pública á Federación Escuelas Familiares Agrarias de Galicia, tras constatar que a entidade cumpre todos os requisitos establecidos pola normativa reguladora das asociacións de utilidade pública. A resolución, asinada polo conselleiro Diego Calvo Pouso, deriva do procedemento instrutido pola Secretaría Xeral Técnica, no que se avaliaron as contas anuais, a memoria de actividades e a documentación presentada pola federación, así como os informes emitidos polos organismos competentes, incluído o preceptivo informe do Ministerio de Facenda.


A normativa establece que son candidatas a esta declaración aquelas asociacións sen ánimo de lucro cuxos fins promovan o interese xeral, conten con medios e organización adecuados, non beneficien exclusivamente ás persoas asociadas e leven polo menos dous anos cumprindo de maneira efectiva os seus obxectivos estatutarios.

ree

A declaración implica o recoñecemento do labor social e educativo que a Federación Escuelas Familiares Agrarias de Galicia desenvolve no ámbito e dinamización das comunidades e do rural galego.


Federación Escuelas Familiares Agrarias de Galicia (EFAs de Galicia)

A Federación Escuelas Familiares Agrarias de Galicia é unha entidade que aglutina os centros educativos Efa Fonteboa (Coristanco), Efa A Cancela (As Neves) e Efa Piñeiral (Arzúa); institucións de iniciativa social sen ánimo de lucro especializadas na formación profesional vencellada ao medio rural. O seu modelo pedagóxico, inspirado na alternancia formativa, combina aprendizaxe no centro e prácticas en empresas, favorecendo unha formación práctica, integral e orientada ás necesidades reais do territorio.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A Federación Escuelas Familiares Agrarias de Galicia coordinana, entre outros, proxectos de voluntariado, fixación da poboación e desenvolvemento rural, arraigo de migrantes, cooperación internacional, innovación educativa e representa ó movemento EFAs ante institucións públicas e entidades do terceiro sector.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Belén Rodríguez, secretaria xeral da Federación Efas de Galicia define a labor da entidade como “A Federación e as Efas de Galicia traballan con clara misión de servizo; os centros Efas naceron para axudar ó seu entorno, mediante a actividade formativa e por seren catalizadores de proxectos que dinamicen o rural. Así levamos funcionando máis de cincuenta anos e con esa vontade seguiremos a nosa labor”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page