top of page

A Xunta construirá en Lalín a primeira ponte elevada no Camiño de Santiago para mellorar a seguridade

O director de Turismo de Galicia adiantou que a vindeira semana sairá publicada a licitación na plataforma de contratación da Xunta de Galicia


Laura Moure/Lalín

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou este sábado o albergue de Bendoiro, en Lalín, no Camiño Mozárabe-Vía da Prata, onde aproveitou para anunciar a inminente licitación da construción dunha ponte elevada sobre a N-525 para mellorar a seguridade viaria dos peregrinos que realizan esta ruta.

ree

Concretamente, a plataforma de contratación da Xunta de Galicia publicará a vindeira semana a licitación desta ponte elevada por un importe de máis de 300.000 euros. Trátase dunha alternativa ao trazado actual do Camiño mediante a construción dunha pasarela peonil sobre a estrada N-525 que substitúa á intersección a nivel actual e que entre as actuacións previstas inclúe crear unha nova pasarela de 30 metros. Está previsto que as obras teñan unha duración de 6 meses coa intención de que os peregrinos poidan utilizala xa durante o vindeiro ano.


Esta actuación vén a completar o conxunto de actuacións da Xunta para mellorar a seguridade viaria do peregrino. En concreto, o Goberno galego está a destinar ata 40 millóns de euros para optimizar a seguridade viaria dos peregrinos en 150 quilómetros do Camiño de Santiago. “O obxectivo é afastar os peregrinos das zonas perigosas de circulación”, sinalou Xosé Merelles co fin de que os camiñantes percorran as distintas rutas xacobeas nas máximas condicións de seguridade.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este plan permite actuar naqueles lugares do Camiño de Santiago en que hai treitos comúns coa rede de estradas, co fin de evitar que as persoas peregrinas e os usuarios en xeral transiten polas zonas de circulación de vehículos, creando sendas peonís alternativas.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O director de Turismo de Galicia visitou tamén o albergue de peregrinos de Bendoiro que pertence á Rede Pública de Albergues do Xacobeo. No que vai de ano, 1.817 peregrinos pernoctaron nestas instalacións. En 2024 foron 2.353 peregrinos.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page