top of page

A Xunta concedeu tres axudas na comarca de Arzúa para mellorar as infraestruturas turísticas

A delegada da Xunta explicou que o Concello de O Pino recibiu 30.000 euros para levar acabo intervencións de embelecemento dos accesos ao Camiño Francés


Laura Moure/O Pino

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde do Pino, Manuel Taboada, visitou a actuación levada a cabo ao abeiro da orde de Turismo de Galicia para as actuacións de mellora de Infraestruturas Turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes. Neste senso, a representante do Goberno autonómico destacou que este municipio recibiu 30.000 euros para executar intervencións de embelecemento dos accesos ao Camiño Francés.


Belén do Campo explicou que este municipio conta con robledales, ríos e un patrimonio natural relevante, o que require unha integración harmónica do mobiliario coa paisaxe, neste senso os bancos e as papeleiras instaladas teñen deseño adaptado á contorna rural e natural do Camiño de Santiago, evitando elementos que desentoen coa estética da zona, priorizando texturas que respecten a identidade paisaxística da contorna.

ree

En total, colocáronse, nun traxecto de 10,1 quilómetros, 30 luminarias, 20 bancos con respaldo, 9 bancos sen respaldo e 10 papeleiras. Concretamente o proxecto incluíu, no traxecto Bugalleira-Praia de Mera, de 3.700 metros de lonxitude, 8 bancos con respaldo, 4 bancos sen respaldo e 4 papeleiras, no tramo de Currás a Petón, de 2.900 metros, 30 luminarias, 6 bancos con respaldo, 3 bancos sen respaldo e 3 papeleiras. No viario de Pedrouzo a Abelleira de 2.100 metros instalaronse 4 bancos con respaldo, 2 bancos sen respaldo e 2 papeleiras. Finalmente, no traxecto de Xesta a Frechazo Último de 1.400 metros, 2 bancos con respaldo e unha papeleira.


Os obxectivos cumpridos con esta actuación foron a mellora da experiencia do peregrino e fomentar un turismo sostible xa que os bancos permiten zonas de descanso adecuadas en puntos estratéxicos do percorrido do Camiño de Santiago e as papeleiras recicladas facilitan a xestión de residuos en áreas de alto tránsito, reducindo o impacto do lixo nos carreiros e camiños.


Ademais, recalcou, a delegada, búscouse o fomento dunha cultura de sustentabilidade xa que a iniciativa servirá como exemplo de boas prácticas na xestión urbana sostible, educando a veciños, turistas e peregrinos sobre a importancia da reciclaxe e o respecto ao medio ambiente.


Orde de Axudas

Belén do Campo explicou que con estas axudas a  Xunta de Galicia, en concorrencia non competitiva, pretenden impulsar e consolidar a actividade turística do rural galego ao tempo que promoven a diversificación turística polo territorio da comunidade. En total, o Goberno galego inviste 2 M€.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Con esta liña de axudas Turismo de Galicia beneficiou a 67 concellos galegos de menos de 10.000 habitantes, e na provincia da Coruña foron 16 axudas as achegas concedidas por un importe de case 470.000 euros. Concretamente, na comarca de Arzúa recibiron estes apoios 3 municipios o de Touro (obras de rehabilitación dos baños turísticos de Brandelos) o de Arzúa (acondicionamento da área de descanso na baixada á fervenza das Hortas), que xunto con O Pino, que ascenden a 90.000 euros para as tres actuacións.


Entre os proxectos beneficiarios inclúense iniciativas de sinalización turística de sendeiros, a posta valor de conxuntos patrimoniais culturais, a construción de miradoiros, o acondicionamento de recursos culturais, patrimoniais e paisaxísticos e melloras de infraestruturas turísticas. Ademais, tamén hai actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e da iluminación e acceso aos recursos turísticos do municipio xunto coa recuperación de elementos patrimoniais locais como fontes ou muíños, entre outros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page