top of page

A Xunta asina un convenio co concello de Boimorto para a atención de persoas maiores

27 oct 2022
1 min de lectura

O Executivo autonómico destina 80.000 euros a este programa que permitirá a posta en marcha de actividades de atención integral á dependencia e promoción da autonomía


Laura Moure/Boimorto

A Xunta asinou un convenio de colaboración co Concello de Boimorto para a posta en marcha dun programa de atención a persoas maiores. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou este mércores esta localidade para presentar as actividades que se realizarán no marco desta iniciativa.

O Goberno galego destinará 80.000 euros para o seu funcionamento que permitirá a posta en marcha de actividades de atención e prevención da dependencia, así como de promoción da autonomía persoal. O director xeral sinalou a importancia de levar a todos os concellos galegos iniciativas que lles permitan ás persoas maiores vivir nos seus lugares de sempre ao tempo que están ben atendidos.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Antón Acevedo lembrou que a Xunta impulsa ademais outros servizos de proximidade que perseguen este mesmo obxectivo como as casas do maior, pequenos centros en lugares pouco poboados; o Xantar na casa, mediante o que se levan menús sans e equilibrados aos fogares das persoas maiores; ou o Servizo de Axuda no Fogar, co que se presta atención profesional aos maiores nos seus propios domicilios.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page