top of page

A Xunta aproba o proxecto que faltaba da LU-231 Palas-Friol cun investimento de 4,8 millóns de euros

Afecta dende Castrelo á Baiuca, no termo municipal palense


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Consello da Xunta aprobou definitivamente o proxecto de construcción da mellora da estrada Palas-Friol LU-231, no treito comprendido entre Castrelo e A Baiuca, no enlace coa autovía A-54, que suporá un investimento de preto de 4, 8 M€.


Esta nova actuación do Goberno galego daralles continuidade ás obras xa executadas no treito inicial de 9, 4 quilómetros desta vía autonómica, entre a travesía de Friol e o acceso a Castrelo. Con esta nova actuación, o Goberno galego completará a mellora integral dos 18, 7 quilómetros de lonxitude da estrada entre Friol e A Baiuca, que sumará en total un investimento autonómico de máis de 7, 5 M€.

ree

En concreto, o proxecto aprobado comprende a mellora dos outros 9,3 quilómetros de lonxitude que conforman a estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 9+400 (Castrelo) e o 18+700 (A Baiuca, no enlace coa A-54), no termo municipal de Palas de Rei.

Neste caso, trátase de levar tamén a cabo a ampliación da plataforma da estrada ata os 8 metros e de mellorar o trazado das curvas máis pronunciadas, con raios insuficientes, coa finalidade de darlle coherencia ao trazado. Deste xeito, a intervención nova incide na seguridade viaria e en proporcionar desprazamentos máis cómodos aos vecinos.


Na intervención inclúense 9 obras de drenaxe transversal e, como actuacións complementarias, a restauración vexetal dos noiros de contornos fluviais, onde se sitúan as obras de drenaxe transversal mediante o estendido de terra vexetal(obtida da propia obra) e a prantación de especies leñosas autóctonas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tamén se reporán os firmes e pavimentos, se incorporarán as medidas de sinalización e balizamento necesarias para a seguridade viaria e se restituirán os servizos que resulten afectados.


A aprobación definitiva deste proxecto no Consello da Xunta comporta tamén a declaración de utilidade pública, polo que se dispón a urxente ocupación dos 235 predios necesarios para executar esta intervención.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os orzamentos da Xunta deste ano reservan xa 2M€ para este eixe Friol-Palas de Rei-Begonte, que suporá unha mellora que permitirá conformar, xunto coa estrada provincial LU-P-1611, un eixe norte-sur de mobilidade con prestacións axeitadas entre a A-54 en Palas de Rei a A-6 en Begonte, nun punto próximo ao enlace coa A-8, favorecendo a competitividade.


O alcalde de Palas, Pablo Taboada, amosa a súa satisfacción pola aprobación deste proxecto correspondente a segunda fase de ampliación e mellora do tramo que faltaba e que afecta ó termo municipal de Palas de Rei. “É unha estrada moi demandada e necesaria para o noso municipio, que a súa vez, conformará unha infraestrutura vertebradora e transformadora para o interior da Comunidade, favorecendo unhas comunicacións máis seguras e eficientes no rural”, a súa vez, agradeceu ó goberno da Xunta de Galicia por comprometerse coas melloras nas conexións con Palas de Rei.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page