top of page

A Xunta apoia unha vintena de eventos e entre eles o o Festival Agrocuir da Ulloa

Ecos da Comarca/Monterroso

A Consellería de Cultura resolveu a liña de axudas para apoiar a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicas de carácter afeccionado, da que nesta edición se benefician unha vintena de iniciativas de distintos concellos galegos. A Xunta de Galicia destina un total de 50.000 euros e nela inclúese o financiamento dos gastos derivados da realización dos programas e actividades de promoción e difusión cultural. Valórase que se trate de espectáculos abertos á cidadanía e a cargo de profesionais galegos. En concreto, son 20 iniciativas, das que 13 están promovidas por entidades sen ánimo de lucro e sete por concellos.


Estas axudas forman parte do Plan Xeración Cultura 2023 que conta cun investimento de 34M€ cunha batería de 57 accións, moitas delas novidosas e cinco eixos. Enmárcanse no cuarto, orientado á preservación e protección do legado cultural e aposta pola modernización das infraestruturas culturais con distintas liñas de apoio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Como se informa no Diario Oficial de Galicia, nesta edición reciben a axuda o 35º Festival de Poesía do Condado, impulsado pola Asociación SCD O Condado de Salvaterra de Miño; a VII Edición Mulleres Creando, de O soño de Lilith, en Vilagarcía de Arousa; o ciclo de música antiga Un Camiño ben temperado, da Orquestra Clásica de Vigo, en distintos concellos do Camiño Portugués; a XXX Mostra de instrumentos, a cargo de Gaiteiros galegos, ou o Festival Agrocuir da Ulloa, do colectivo Agrocuir da Ulloa, en Monterroso.


Tamén son beneficiarios o II encontro de Soundsystem da Terra Brava Tremeterra, impulsado pola Asociación Cultural Sonsistema, no Incio, e o Festival Picnic Sesions, de Liediras Asociación Cultural, en Vigo; o Ameixa Rock 2023, da asociación co mesmo nome e que se celebra en Vilagarcía de Arousa. A eles súmase a XIX edición do Festival Terra Brava, da Asociación Cultural Festival Terra Brava, o XVII Festival Artedicial da Asociación Cultural Ecolóxica-Educativa Arteficial, en Ribadavia, a 6ª edición de Ether Electronic, da asociación cultural Ether, en Viveiro; o XXX Revoltallo Música e Cultura Emerxente, da Asociación Centro Cultural Artístico recreativo Valladares e a proposta Emocións, unha viaxe musical polas letras de Curros Enríquez, da Asociación Amigos da Banda de Música de Celanova.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No caso de iniciativas impulsadas por concellos, beneficiarónse o X Festival Aturuxos na Ría, de Cangas; o Superarte 2023, de Viveiro; a Semana de Teatro da Romaría Viquinga, de Catoira; o XXI Festival Pontelouco, de Castro Caldelas; o XIV Festival de Jazz de Noia, a XXXVII Semana de Teatro Afeccionado de O Valadouro e a 33 Edición Mostra de Teatro Maruxa Villanueva de Chantada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page