top of page

A Xunta adxudica tres parcelas cun total de 2.122 metros cadrados de solo industrial en Touro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Contan cun prezo de algo máis de 71.000 e unha bonificación de 26.397 euros


Laura Moure/Touro

A Xunta adxudicou un total de 26.547,84 m2 de solo industrial cunha bonificación global de 665.271 euros e destes algo máis de 2.000 metros cadrados foron en Touro.


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), acaba de publicar a resolución pola que se resolve o concurso de venda de solo industrial convocado este mesmo ano. (Neste enlace pódese obter toda a información).


En total, adxudicáronse 22 parcelas en sete parques empresariais de titularidade do IGVS en Touro, Bóveda, Quiroga, Taboada, Xermade, O Barco de Valdeorras e Verín. Ademais, os empresarios beneficiáronse da política de incentivos que aplica a Xunta, grazas á cal adquiriron solo cunha bonificación de ata un 50% sobre o prezo de venta. No seu conxunto, este solo foi adxudicado por un importe total de 731.179 euros. En concreto en Touro adxudicáronse tres parcelas de 2.122 metros cadrados en total cun prezo de 71.499 euros e cunha bonificación de 26.397 euros.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page