top of page

A Xunta activa o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia debido a un incendio industrial no Porriño

Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta de Galicia activou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (PLATERGA) ante o incendio declarado nunha nave de xestión de residuos situada no polígono das Gándaras, no concello do Porriño. A activación deste plan implica a mobilización de recursos de ámbito local e supralocal, co obxectivo de facer fronte á situación de risco e garantir unha resposta eficaz e coordinada entre os organismos intervinientes.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio ás 10:50 horas, a través das chamadas de varios particulares que alertaban da presenza de lapas afectando á nave e dunha gran columna de fume visible desde varios puntos.


De inmediato, púxose en marcha un operativo no que participan os bombeiros do Porriño, Morrazo, Vigo, Ribadumia e Valença, así como o GES de Mos. Tamén interveñen axentes da Garda Civil e da Policía Local.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou unha dotación ao lugar, aínda que, segundo a información dispoñible, non se teñen constancia de danos persoais ata o momento. Ademais, o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) mobilizou unha cisterna de gran capacidade para reforzar as tarefas de extinción.


Segundo os últimos datos recollidos polo 112 Galicia, os equipos de intervención continúan traballando intensamente no punto. Identificáronse dúas zonas especialmente sensibles dentro da nave: unha área de almacenamento de plásticos, altamente inflamables, e outra na que arden rodas, o que complica as tarefas de extinción debido ao tipo de material. A pesar diso, o lume atópase perimetrado, o que permite aos efectivos centrarse no seu control total e evitar que se propague a outras instalacións próximas.





Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page