top of page

A Xunta aborda a situación demográfica co alumnado da EFA Piñeiral de Arzúa

18 abr 2023
2 min de lectura

Foi o director xeral de familia, infancia e dinamización demográfica o que mativo un encontro co alumando dos ciclos de Educación Infantil e Coidados Auxiliares de Enfermería


Laura Moure/Arzúa

O director xeral de familia, infancia e dinamización demográfica, Jacobo Rey, protagonizou este luns un encontro cos futuros técnicos en educación infantil e auxiliar de enfermaría do centro de formación Efa Piñeiral, en Arzúa. No mesmo o alumnado puido coñecer as liñas de traballo que dende a Consellería de Política Social e Xuventude se están a levar a cabo para paliar as dificultades en materia de demografía.

Rey puxo especialmente o foco nas posibilidades de empregabilidade que as medidas desenvoltas e a propia realidade sociodemográfica brindan nas áreas de atención á infancia e á dependencia “ O saldo migratorio positivo que experimentamos na nosa comunidade sumado á dispersión xeográfica dos nosos núcleos de poboación fai cada vez máis necesarios perfiles profesionales cualificados para a atención dos nosos cativos,

dos nosos ,maiores e dos nosos dependentes.“ afirmou o director xeral durante o acto na Efa Piñeiral.


O alumnado do do centro arzúan amousouse especialmente interesado en medidas como a gratuicidade das escolas de 0 a 3 anos, a promoción das Casas Niño e as Casas do Maior e o programa de Coidados Porta a Porta.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A oferta do centro

O centro de formación profesional e de promoción rural Efa Piñeiral imparte, ademais dos ciclos de coidados auxiliares de enfermaría e educación infantil, os ciclos medios e superiores de comercio e márketing e o de panadaría, repostaría e confeitaría. “A nosa oferta educativa tenta sempre dar unha resposta real ás necesidades do territorio; formando profesionais para aquelas áreas nas que se demanden técnicos cualificados

e que poidan contribuir á fixación da poboación nas nosas comarcas, á dinamización do emprego e á mellora das prestacións á sociedade. Esa é, en definitiva, a nosa misión”, indicou Raquel Carregal, directora do centro arzuán.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page