A VI Xuntanza Clásicos Terra de Melide celebrarase o 19 de setembro coa colaboración do Concello
- Laura Moure

- hace 1 día
- 2 min de lectura
O alcalde de Melide participou esta mañá na presentación do cartel dun evento que
reunirá arredor de 70 vehículos clásicos no Pazo de Congresos da localidade
Laura Moure/Melide
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e membros da Asociación Clásicos Terra de Melide presentaron onte no Salón de Plenos do Concello, a sexta edición da Xuntanza Clásicos Terra de Melide, que se celebrará o sábado 19 de setembro.

Como en edicións previas, está prevista a participación duns 70 vehículos clásicos procedentes de distintos puntos de Galicia aos que se teñen sumado, en ocasións anteriores, tamén participantes de Asturias. Os coches permanecerán expostos no Pazo
de Congresos de Melide ata a unha do mediodía, polo que veciñanza, visitantes e persoas afeccionadas ao motor poderán achegarse para contemplalos.
PUBLICIDADE
Tras a exposición, os participantes realizarán unha ruta pola contorna de Melide e, posteriormente, compartirán un xantar no Mesón de Folgoso, que adoita reunir máis de
150 persoas.
Desde a organización explican que o límite para participar está fixado en vehículos
anteriores ao ano 1992, polo que adoitan reunirse coches antigos que espertan un gran
interese entre o público. Ademais, sinalan que as persoas que se inscriben adoitan
quedar moi satisfeitas coa experiencia e o entorno, e que moitas delas repiten en edicións
posteriores.
PUBLICIDADE
As prazas para participar son limitadas. As inscricións poden realizarse por teléfono ou
WhatsApp nos números 608 684 719, 638 063 055 e 618 490 138.
PUBLICIDADE
O rexedor agradeceu o compromiso da Asociación Clásicos Terra de Melide por impulsar
unha iniciativa que alcanza xa a súa sexta edición e destacou que, ademais de poñer en valor vehículos que forman parte da nosa historia, contribúe a atraer visitantes e
dinamizar a actividade no municipio e na comarca.









Comentarios