A veciñanza do concello de Arzúa xa pode desfrutar de novo da Aula CeMIT
- Laura Moure
- 1 may 2024
- 1 Min. de lectura
Estará dispoñible para todos aqueles interesados en ampliar os seus coñecementos e habilidades dixitais
Laura Moure/Arzúa
A veciñanza do Concello de Arzúa xa pode desfrutar de novo da Aula CeMIT, un servizo público esencial destinado a responder ás necesidades tecnolóxicas e educativas da veciñanza. As instalacións da aula estarán novamente dispoñibles para todos aqueles interesados en ampliar os seus coñecementos e habilidades dixitais.

Daniel Moscoso, concelleiro da área de Xuventude, destacou o papel fundamental da aula: "A Aula CeMIT está pensada como un espazo de formación e de ocio, destinado a eliminar a fenda dixital e a desigualdade social que implica o acceso ás novas tecnoloxías."
O espazo innovador ofrece dúas modalidades de acceso: presencial nas instalacións de luns a venres de 9 a 15 horas e os martes e xoves de 16 a 20 horas, ou a posibilidade de inscribirse en numerosos cursos que se anunciarán nas vindeiras semanas. Estes cursos abarcarán desde a alfabetización dixital ata o desenvolvemento de habilidades máis avanzadas.
Publicidade
"A Aula CeMIT vai máis aló dun simple espazo de aprendizaxe; é un punto de encontro vital para a xuventude e unha plataforma de ocio educativo, no que ten especial relevancia a alfabetización dixital da terceira idade," engade Moscoso.
Para máis información os interesados poden visitar a web do Concello arzua.gal
コメント