Ecos da Comarca/Touro/O Pino
A pasada fin de semana celebrouse o Campionato Nacional de equipos sub 16. Neste tamén tivo representación o Club Atletismo O Pino coa Nerea Martínez Naveiro.
"Celebrado a pasada fin de semana en Camargo (Santander) o XVI Campeonato de España de Clubes Sub16, alí estivo Nerea Martínez Naveiro, aportando o seu grao de area co equipo ATLÉTICA A Silva-Ordes, facendo ademais a súa mellor marca en 100 metros lisos (ML) onde baixaba a barreira dos 13'' e un magnífico relevo acadando o equipo a victoria na súa serie", indica o clube. "Parabéns a Nerea e ao noso adestrador Javier Abad Blanco polo traballo e esforzo e a seguir sumando. E unha vez máis agradecementos a José Domínguez Caballero e a ATLÉTICA A Silva-Ordes por esta oportunidade e o trato recibido", agradece.
Ademais, quedaron campionas en relevos 4 por 100.
Comments