A segunda edición do Benestar Fest será o 26 e 27 de setembro en Palas de Rei
Xa están abertas as inscricións
Laura Moure/Palas de Rei
O sábado 26 e o domingo 27 de setembro terá lugar en Palas de Rei a celebración do “Benestar Fest”, un espazo adicado ao desenrolo persoal e colectivo, orientado principalmente a fomentar a saúde, o equilibrio e a armonía entre corpo e mente. Baixo o lema de Sendeiros de Creación esta segunda edición deste festival invita a examinar diferentes camiños para a expresión e a creatividade.

Os asistentes terán a oportunidade de descubrir distintas alternativas para o benestar a través de actividades transformadoras, impulsando a conexión persoal e colectiva mediante propostas innovadoras que favorecen o desenrolo integral de cada participante.
PUBLICIDADE
Esta iniciativa, foi presentada onte en Radio Palas Fm polos seus organizadores; Milagros Bordones, profesora de Yoga e Pilates das clases Movemento Benestar que imparte na Casa de Cultura de Palas; e Judith Rodríguez, que se encarga do teatro con títeres, xunto co alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, representando a unha das administracións colaboradoras que respaltan e financian esta iniciativa saudable.

O Benestar Fest. Sendeiros de creación comprende un conxunto de actividades concentradas nos días 26 e 27 de setembro nas que trae a varios especialistas que tocan aspectos diversos como: movemento e somática; arteterapia; cociña saúdable, benestar e sustentabilidade; conversatorios sobre saúde e benestar; presentación do ensaio “conexiones” de Sandra Goded; taller e concertos de música contemplativa; taller de Chi Kung; carpa interactiva de Titeres, actividades para nenos/as; sesión de danza contemporánea e para ás necesidades especiais, así como feira de artesanía .
PUBLICIDADE
A inscrición para participar no “Benestar Fest” está aberta a través do teléfono 628 139 113.









Comentarios