IsmaelRS/Boimorto/O Pino
Os equipos que representaban á comarca de Arzúa nesta 14ª xornada de Rexional Preferente Galicia 1º Fase Grupo 1º Norte - Subgrupo 1A, xogaron antonte domingo os seus partidos de liga, conseguindo puntuar só un dos dous equipos.
Puebla F.C. - Boimorto C.F. (3-1)
O C.F. Boimorto xogou o seu partido contra o Puebla F.C., tivo lugar no campo municipal da Alta-Puebla (Puebla do Caramiñal). Rematou cunha vitoria rotunda do equipo local por 3-1, os goles do equipo local foron obra de: Juan García García (7´), Jorge Viturro Fernández (37´), o último gol do equipo local foi obra de Madiop Dao (51´), o único gol do equipo boimortense foi obra de Óscar Vizcaíno Alcalde (68´) e o último dos tantos locais foi anotado por Manuel J. Nieto Sesar (88´) e con este gol do equipo visitante remataría o encontro.
S.D. O Pino - Laracha C.F. (3-2)
O S.D. O Pino xogou o seu partido contra o Laracha C.F., tivo lugar no campo municipal de Reboredo - Arca (O Pino). O conxunto visitante conseguiu a vitoria pola mínima, terminando 3-2. O primeiro en marcar no encontro foi o equipo visitante, grazas a un gol de José J. Cotelo González (28´), tras este primeiro gol, o equipo local espertou e conseguiu marcar 3 goles consecutivos, obra de Martín Lamas Villanueva (50´) e David Pereiro Sánchez (64´ e 66´), catro minutos despois o equipo visitante conseguiu maquillar un pouco o resultado grazas ao gol de José J. Cotelo González (70´). E con este resultado pecharíase o encontro.
CLASIFICACIÓN
Grazas a estes resultados, o S.D. Pino mantense na terceira posición, mentres que o C.F. Boimorto mantense na novena posición.
PRÓXIMA XORNADA:
A 15ª xornada da liga disputarase o vindeiro domingo 23 de xaneiro, cos seguintes encontros:
Boimorto C.F. - U.D. Paiosaco - Hierros, no campo Municipal de O Carballal (Boimorto), domingo 23 ás 17:00 horas.
S.D. Fisterra - S.D. O Pino, no campo Municipal de Arasolís (Fisterra), domingo 23 ás 16:30 horas.

Comments