Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A ribeira do Ulla, en Touro, protagonista da segunda das rutas ambientais organizadas polo GDR

Esta terá lugar o vindeiro 4 de setembro


Laura Moure/Touro

O próximo 4 de setembro o concello de Touro acollerá unha das rutas ambientais organizadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo. O entorno natural protagonista será a ribeira do río Ulla, un dos recursos turísticos por excelencia do concello, polo que se fixeron grandes esforzos, porén, case a totalidade da ribeira do Ulla no termo municipal de Touro é transitable a través de varias rutas de sendeirismo homologadas. Nelas podemos descubrir, tanto paisaxes espectaculares, como O Pozo do Pego ou a Fervenza do Inferniño, coma estupendos exemplos de elementos patrimoniais de tipo etnográfico e cultural: ouriceiras, muiños ou pesqueiras.

Cun enfoque distinto e guiados por persoas expertas, os participantes da ruta ambiental familiarizaranse ca gran variedade de especies de flora e fauna da ribeira do Ulla, unha oportunidade única para coñecer mellor o noso entorno natural e aos seus habitantes máis tímidos e descoñecidos.

A ruta é gratuítaa e apta para maiores e pequenos, para inscribirse, só é necesario contactar co GDR Ulla Tambre Mandeo a través do teléfono ou correo electrónico (981 511 377, leader@gdrullatambremandeo.gal)

18 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE