A residencia de maiores de Palas cumpre cinco anos coas prazas cubertas e con lista de espera
- Laura Moure

- hace 1 hora
- 2 Min. de lectura
En concreto, conta con 46 prazas totais, das cales, 20 son en réxime público e 26 privadas, todas cubertas e a maiores hai unha ampla lista de espera
Laura Moure/Palas de Rei
A Residencia de maiores de Palas cumpre cinco anos de vida coas prazas cubertas e con lista de espera. Con motivo deste quinto aniversario, o alcalde de Palas, Pablo Taboada acompañado da Concelleira de Servizos Sociais, Alba Villasante e outros membros da corporación palense achegáronse a pasada semana ata as súas instalacións, onde aproveitaron para conversar e intercambiar impresións cos usuarios/as e profesionais, e cos promotores locales e a súa directora.

A día de hoxe, a Residencia de Maiores de Palas conta con 46 prazas totais, das cales, 20 son en réxime público e 26 privadas, todas cubertas e a maiores hai unha ampla lista de espera. En canto a procedencia dos usuarios, “supera o 60% da Comarca da Ulloa e o resto, nas 20 prazas públicas veñen de diferentes puntos de Galicia” tal e como destaca a súa directora Mónica Pardo. En canto ao período de adaptación, de media soe ser dun mes aínda que depende de cada persoa, en todo caso, a nosa labor está en acompañalos e intentar que estean o máis a gusto con nós” destacaba Mónica Pardo.
Publicidade
Marcos Vázquez, un dos promotores da iniciativa en Palas de Rei, fai un balance moi positivo destes cinco anos de vida do centro, destacando que iniciaron “este proxecto con ilusión de cuidar as persoas maiores e o estamos levando a cabo moi contentos, tanto a nivel usuarios, como traballadores. Temos un equipo moi competitivo, os primeiros anos sempre son máis complexos, neste quinto aniversario podemos dicir que xa estamos completamente asentados e contentos, facendo o traballo dende o cariño, dende a humildade e dende a cercanía o que nos fai que nos vexamos recompensados pola ledicia dos usuarios e o cariño que nos dan día a día” destaca Marcos Vázquez.
PUBLICIDADE
Este, complexo residencial, único na Comarca da Ulloa, declarado por parte do Concello “Proxecto de Especial Interese”, supuxo unha inversión de 1.250.000 euros de iniciativa privada local que na actualidade está xerando unha veintena de postos de traballo directos en pleno núcleo urbano palense, na Avenida de Lugo.








Comentarios