A poxa de xovencas de Magreco xunta un milleiro de persoas e acada os 68.000 euros
- Laura Moure

- hace 7 horas
- 2 Min. de lectura
As catorce frisoas vendéronse por 56.350, con prezos entre os 3.500 a máis barata e 4.800 a máis cara
Laura Moure/Boimorto
A poxa de xovencas de Magreco volveu espertar o interese de gandeiros e do público amante dos animais. Máis dun milleiro de persoas xuntáronse na carpa da poxa para ver os animais que saíron a venda, e foron varios os gandeiros que mercaron os animais. En total, o prezo das 17 xovencas acadou os 67.850 euros, dos calles 11.500 pagáronse polas tres vacas rubias galegas e 56.350 polas catorce frisoas.

A alcaldesa, Chus Novo, e a conselleira de Medio Ambiente a Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, presidiron unha poxa que estivo coordinada por Acruga, no caso das vacas rubias, e por Africor, no caso das frisoas. As tres novillas de raza galega vendéronse por 3.600 euros (dúas delas) e os 4.300 que se pagaron pola máis cara.
A subasta de xovencas frisoas estivo máis disputada entre algúns dos gandeiros que acudiron a Magreco para mellorar as súas explotacións con vacas de calidade certificada.
Os catorce exemplares que saíron a venda acadaron os 56.350 euros. Unha das vacas, xa
parida, que querían levarse varios gandeiros acadou un prezo de 4.800 euros. A xovenca
máis barata vendeuse en 3.500 euros. Todos os exemplares tiñan un prezo mínimo de saída de 3.000 euros. Este ano, tres mulleres participaron na presentación das vacas durante a poxa.
PUBLICIDADE

Ao rematar a poxa, procedeuse ao sorteo entre os asistentes de dous cheques regalo de 200 euros cada un para gastar en Aira e en Botica do Campo, así como o de dous lotes de
produtos doados polos expositores do mercado tradicional. Chus Novo e Ángeles Vázquez
entregáronlle os regalos aos afortunados.
Ao rematar a poxa, alcaldesa, conselleira e membros do goberno local estrearon o banco
de madeira que está franqueado por unha peregrina e un moucho. As dúas pezas foron
elaboradas por Eugenio Liñares, que durante toda a fin de semana estivo tallando as dúas
figuras con motoserra.
Chus Novo explicoulle á conselleira que este banco vaise colocar na carballeira de
Vilanova, preto do Concello, pola que pasa o Camiño do Norte a Santiago, para que os peregrinos poidan facerse fotografías nel e, deste xeito, promocionar Boimorto por todo o
mundo.
Publicidade
Ademais da poxa de xovencas, a exposición de maquinaria agrícola, forestal e de xardín foi outro dos atractivos de Magreco. Durante a fin de semana milleiros de persoas achegáronse ata Boimorto para ver as últimas novidades en tractores e maquinaria de todo tipo. Os preto de 40 expositores que participan nesta edición de Magreco tiveron a súa disposición máis de 15.000 metros cadrados para amosar as últimas tendencias en maquinaria para o campo.
Un nutrido grupo de nenos e nenas participaron pola tarde no obradoiro infantil no que fixeron a súa propia granxa de madeira, antes xogar nos inchables, que o Concello montou
no patio do colexio, e no circuíto de tractores a pedais no que a cativada gozou durante toda a fin de semana.







Comentarios