top of page

A Policía Nacional investiga un accidente doméstico con final tráxico

Ecos da Comarca/Xeral

Unha muller faleceu tras caerlle unha neveira enriba. Foi un familiar quen alertou a través da súa chamada ao 112 Galicia uns minutos antes das sete da tarde de onte, sábado. Solicitou asistencia médica urxente para súa irmá, que tiña unha perna atrapada baixo a neveira. Tamén advertiu que non respondía a estímulos, polo que, axiña os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia trasladaron a información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

ree

Pouco despois, confirmaron o falecemento da muller e insistiron na necesidade de contar cos axentes da Policía Nacional e Local con fin de coñecer as circunstancias do suceso.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Igualmente, cómpre cumprir todos os procedementos legais para chegar a saber as causas exactas da morte, que se produciu nun domicilio da Rua Ramón Cabanillas, en Santiago.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page