top of page

A Plataforma Ulloa Viva denuncia en Bruxelas "que o proxecto de Altri incumpre alomenos 7 directivas comunitarias"

Mantivo encontros con eurodeputados de Sumar, Podemos e BNG


Laura Moure/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva comezou este luns en Bruxelas unha xeira de encontros con distintos grupos políticos representados no Parlamento Europeo para facerlles chegar a problemática arredor do proxecto de Altri de instalar unha macrocelulosa en Palas de Rei. As membras da plataforma, Zeltia Laya e Mónica Cea, asisten onte e hoxe na capital europea a distintos encontros e reunións con eurodeputados e responsables comunitarios, para trasladarlles a denucia da Plataforma Ulloa Viva arredor das alomenos 7 Directivas comunitarias que incumpre o Proxecto Gama.

A Plataforma entregou a Ana Miranda, vicepresidenta da Comisión de Peticións, a denuncia ao respecto. A Plataforma leva a Bruxelas un completo informe, feito por expertos en distintos eidos coma o medioambiental, socioeconómico ou patrimonial, "no que queda claro que o proxecto da celulosa en Palas de Rei vulnera a Directiva de nitratos, a Directiva marco da auga 2000/60/CE, a Estratexia da biodiversidade 2030, a Estratexia “de la granja a la mesa”, a nova Directiva na calidade do aire, a Directiva de hábitats ou a Directiva de aves".


Ao longo de onte, Zeltia Laya mantivo encontros no Parlamento Europeo con Florent Marcellesi (Verdes Equo/Sumar), tamén na oficina da eurodeputada de Sumar María Eugenia Palop e coa eurodeputada Idoia Villanueva (Unidas Podemos). Xa pola tarde e tamén no Parlamento Europeo, a Plataforma mantivo unha reunión coa eurodeputada do

BNG Ana Miranda, xunto coa expedición de distintos cargos políticos municipais e colectivos afectados pola celulosa de Altri das comarcas da Ulloa, o Deza, Terra de Melide

e Arzúa.


Nestes encontros a Plataforma trasladoulle aos eurodeputados como se creou e como está

a medrar en membros nos últimos meses, logo de cumprir o papel fundamental de “darlle á

veciñanza a información que non deron a empresa e as administracións, cunha falta total de transparencia ata que o proxecto saíu á luz”.


Publicidade

Ademais expuxéronlles as afectacións básicas do proxecto de Altri no Camiño de Santiago, o proceso de construción e accesos, a contaminación pola cantidade de vehículos que vai conlevar este proxecto, afectacións ao patrimonio da zona ou as canalizacións previstas pola empresa para a captación de auga do encoro de Portodemouros, ademais da ameaza deste Proxecto Gama á biodiversidade da zona, tanto polo ZEC Careón coma pola afectación na Rede Natura.


Nas denuncias presentadas diante dos eurodeputados, a Plataforma Ulloa Viva fixo especial fincapé "na problemática para Galiza desta macrocelulosa, por cuestións coma o

monocultivo de eucalipto, o feito de ser unha celulosa aínda que a empresa e a Xunta tentaron negalo dende o principio. Cuestións medioambientais da afectación do proxecto

coma a degradación do solo, a desaparición de aves, o consumo de 46 millóns de litros de

auga ao día e o vertido ao Ulla de 30 millóns de litros diarios foron outras das denuncias

que a Plataforma trasladou a Bruxelas".


Rematar co “greenwashing”

En materia de contaminación, Zeltia Laya e Mónica Cea trasladaron aos eurodeputados o

feito de que o propio proxecto da empresa, publicado no Diario Oficial de Galicia o pasado 4 de marzo, "recoñece que a planta de Palas de Rei vai emitir dióxido de xofre, óxido de nitróxeno e material particulado á atmósfera pola cheminea de 75 metros proxectada, e criticaron que ademais de non ser clara a empresa ao respecto das súas emisións, o proxecto usa modelos desactualizados para a análise de partículas".


Publicidade

"Con estes informes demoledores ao respecto do desastre medioambiental, social e

económico que suporía para o corazón de Galicia a implantación de Altri", Zeltia Laya e

Mónica Cea expresaron aos eurodeputados dos distintos grupos nestes encontros a

importancia de que as demandas da Plataforma Ulloa Viva conten con apoio político nas

institucións, tanto do Estado coma da UE, para “parar esta ameaza”. Apelaron á

responsabilidade da política estatal e internacional neste tema e pediron posturas políticas

claras e comprometidas para rematar co fenómeno do “greenwashing” que está afectando

gravemente a Galicia e outras partes do Estado, e que incumpre gravemente a normativa

comunitaria e o compromiso de loita contra o cambio climático.


Logo dos primeiros encontros deste luns no Parlamento Europeo, Zeltia Laya destaca a

receptividade e compromiso amosado polos eurodeputados a respecto do proxecto de Altri en Palas de Rei e as denuncias da Plataforma Ulloa Viva arredor da súa afectación no

medio ambiente, a saúde ou a economía e o valor patrimonial da zona afectada.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page