top of page

A pintora Laura Doldán fai entrega dunha acuarela á Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide

Laura Moure/Melide

Con motivo da inauguración oficial da exposición da súa obra pictórica no Museo da terra

de Melide, relacionada coa Vila, a artista plástica Laura Doldán Canedo fixo entrega dun

recoñecemento a Asociación de Troiteiros “ Río Furelos” de Melide consistente na súa

interpretación pictórica mediante unha acuarela do logotipo que emprega a Asociación de

troiteiros “Río Furelos”. Deste xeito, quere expresar o seu agradecemento e recoñecemento polo coidado do río e a sua labor ambiental na defensa do Medio Ambiente e a loita contra todo tipo de contaminación; obra que está depositada para poder ser visitada na exposición que permanecera aberta ata o vindeiro día 3 de xullo.

A inauguración da exposición oficial no museo contou coa presencia da concelleira de

Cultura, Educación, Deporte e Normalización Lingüística do Concello de Melide, Ana

Mosteiro, quen recibiu un agasallo de mans da artista coa reproducción nunha obra de

artesanía da acuarela adicada o patrimonio monumental de Melide.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A pintora cedeu de forma gratuita os seus dereitos de propiedade da obra, firmando unha

escritura pública na notaria de Melide, en recoñecemento ao labor desenvolvido ao longo dos anos na defensa do río Furelos, do xeito que a poidanreproducir e usar en

comunicacións e merchandaising.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Laura Doldán Canedo ( A Pezoca, Concello de Oleiros), estudou Belas Artes na

universidade de Granada e reside en A Coruña. O presidente da Asociación de Troiteiros “Río Furelos”, Xabier Pazo, nas mismas instalacións recibiuna e agradeceulle no nome da asociación a entrega desta distinción e adicoulle unha palabras de satisfacción e orgullo.

ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page