top of page

A parroquia de Vilantime é a vindeira parada da programación 'Encontros culturais de inverno'

A cita será este venres 13 de marzo

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa levando a cabo os actos da nova programación que artellou para os primeiros meses de ano baixo o título de Encontros culturais de inverno que ofrece cine, música, literatura e actividades nas parroquias, entre outras propostas dirixidas a públicos de todas as idades. A nova cita será este venres.

Nesta segunda edición as propostas culturais achéganse de novo as parroquias cun programa titulado As parroquias contan que ofrece unha sesión de contos a cargo de Celso Fernández Sanmartín e, ao remate, unha chocolatada popular á que estarán convidadas todas as persoas asistentes.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Despois de levar a cabo esta actividade en Dombodán o pasado 6 de febreiro, a vindeira parada será no local social de Vilantime este venres, 13 de marzo, ás 20:30 horas. A entrada será libre e de balde.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “a participar nestes encontros pensados para dinamizar culturalmente tamén as nosas parroquias e para crear un espazo de socialización e convivencia entre veciñas e veciños”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page