top of page

A parroquia de Cornado, en Touro, recupera mañá a Festa do Rixóns en Pota de Ferro

Incluirá folclore, bo xantar, Samaín, concurso de disfraces e feira de artesanía


Laura Moure/Touro

A parroquia de San Tirso de Cornado (Touro) volve a facer a Festa do Rixóns en Pota de Ferro. Este festexo retorna despois do parón da pandemia, xa que a última edición foi no 2019. Folclore, bo xantar, Samaín, concurso de disfraces e feira de artesanía daranse cita nun só evento, que terá lugar o día de Santos, mañá 1 de novembro.

A festa dos rixóns en Cornado nunha edición pasada.

A parroquia quere pór en valor non só os rixóns senón todo o procedemento tradicional para a súa elaboración. De feito, os rixóns van ser o protagonisa do menú preparado para o día da festa, se ben tamén haberá filloas, tortillas e pizzas de rixóns con queixo de Arzúa.

A festa comezará cunha sesión vermú amenizada pola Asociación Cultural A Pinguela de Bama. De animar a sobremesa encargarase Pulpiño Viascón. Xa pola tarde sobre as 17:00 horas terá lugar o concurso de disfraces. E, a partir das 18:00 horas, vai actuar Brincadeira, Grupo de Baile e Música Tradicionais, co espectáculo Brincadeira de Rúa e Asociación Cultural A Pinguela de Bama.

A organización da festa corre a cargo da comisión de festas da parroquia, (a Asociación o Batán), que conta coa colaboración do Concello de Touro e da Deputación da Coruña.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page