top of page

"A nosa principal reivindicación é a resolución da OPE de incendios XA!", recalca un dos afectados

A Plataforma de Afectados OPE 2019, que está composta por diferentes profesionais, manifestouse hoxe en Santiago


Laura Moure/Xeral

A Plataforma de Afectados OPE 2019, conformada por opositores e traballadores públicos das especialidades de técnico en coidados auxiliares de enfermería, bombeiro forestal, bombeiro forestal condutor de motobomba, emisorista-vixiante, educadores e traballo social, manifestaronse hoxe en Santiago diante do Parlamento de Galicia "contra a inacción da Xunta de Galicia e o seu departamento de Función Pública na resolución dos seus procesos selectivos, convocados no ano 2019 e aínda sen rematar", tal e como xa publicamos hai dous días en ECOS DA COMARCA. Hoxe falamos cun bombeiro forestal de Deza para que nos afonde nas reivindicacións deste colectivo.


El é Xurxo, Bombeiro Forestal e membro da asociación APROPIGA. "Como moitos compañeiros/as son un dos principais afectados na resolución dos procesos de incendios que comezaron alá polo ano 2019 e xa traían retraso de anos anteriores. Hoxe as 11 da mañá a “Plataforma de afectados Ope 2019” formada por varios colectivos manifestámonos en Santiago de Compostela, para esixirlle a Función Pública a resolución destes procesos XA!!!".


1. Dende o colectivo de incendios cales son as vosas principais reivindicacións?

A nosa principal reivindicación é a resolución da OPE de incendios XA!! Todos os compañeiros/as do SPIF afectados por esta Oposición (Bombeiros Forestais / Condutores de Motobomba / Emisoristas-Vixiantes ) estamos fartos de esperar. Para novembro deste ano 2023 vai facer dous anos que fixemos os exames en Silleda e Función Pública segue sen resolver isto. Tras máis de catro anos de espera e xa camiño dos cinco anos dende a súa convocatoria non vemos unha luz o final do túnel por culpa da súa deixadez en resolver estes procesos.


2. Dos procesos selectivos sen resolver do ano 2019 en que situación se atopa a OPE de incendios?

Cabe destacar que destes procesos convocados nese ano, a OPE do SPIF é de todas as que quedan sen resolver a que máis atraso leva. Eu neste proceso son un dos principais afectados, concretamente na categoría de Bombeiro Forestal. A día de hoxe só dispoñemos dunha “Baremación Provisional” publicada no DOG o 16 de marzo. Nela houbo varias reclamacións, pero se Función Pública tivera interese xa podía estar máis que publicada a “Baremación Definitiva” do proceso. E por se fora pouco hai aberto un novo proceso de estabilización (Lei 20-21), con exames de iguais características para o mes de novembro de 2023 e coa OPE do ano 2019 sen resolver. Nin eu nin os meus compañeiros/as do SPIF entendemos como pode haber un novo proceso de iguais características na categoría de Bombeiro Forestal a cinco meses vista habendo un proceso anterior sen resolver. En cambio, outros colectivos como Educadores que se manifestaron hoxe aquí tamén, xa teñen o proceso bastante máis avanzado que o de incendios porque xa saben quen vai coller praza.

3. Ti no proceso de incendios na categoría de Bombeiro-Forestal en que situación te atopas?

No meu caso nunha situación de incerteza total sen saber se o final vou pillar praza ou non. Eu coma outros compañeiros/as do SPIF tivemos que pagar taxas para os novos procesos de estabilización sendo que algúns de nós seguramente xa teñan praza nesta OPE pasada. Esta situación crea moita incerteza e todo isto teríase evitado se Función Pública non dilatase tanto este proceso no tempo. Estes novos procesos de Estabilización obrigan os compañeiros/as de incendios que non saben se pillan praza a estudar de novo,a anotarse a unha academia e a invertir tempo e diñeiro nese novo proceso. Outros moitos que saben que pillan praza están sen traballo, e en traballos temporais ou precarios a espera da resolución da OPE... Vamos unha cousa sen sentido ningún. Ti imaxinate no meu caso que se pillo praza neste proceso de incendios do 2019, pero que non sacan a Baremación Definitiva ata setembro/outubro. Pero claro hai un novo proceso de iguais características a dous meses vista desa resolución… A min sen ter certeza de algo oficial obligaríame a estudar desde XA!! Sendo que o final se tería praza, pero o non sabelo perdería o meu tempo, diñeiro en academias… Para ao final acabar collendo praza neste proceso sen resolver. Ou a inversa: estudar dende xa desmotivado e despois saber que non pillei praza.


4. Que puido facer Función Pública para resolver o proceso de incendios de forma áxil? Primeiramente mostrar interese dende o inicio do proceso cousa que non fixo. É isto o vemos reflexado no número rídiculo de prazas que ofertou na convocatoría de marzo do 2019 (despois de 20 anos sen convocar Opes de Incendios).


PRAZAS OFERTADAS:

  • Bombeiro Forestal: 114

  • Bombeiro Forestal Condutor de Motobomba: 80

  • Emisorista-Vixiantes: 75

Segundo ter interese en resolver as distintas partes das opes de forma áxil cousa que non fixo. Función Pública deixou a OPE de incendios estancada para o final de todos os procesos convocados no ano 2019 e isto é inadmisible. Unha forma de axilizar estes procesos sería contratar máis persoal administrativo en Función Pública, pero iso parece que non interesa. Ou sen contratar máis persoal e vou poñer un exemplo do noso proceso:

Antes de sacar a Baremación Provisional de forma oficial no DOG, Función Pública sacou un listado provisional previo a esa publicación. Este listado previo tiña multitude de erros aínda así solventaron parte deses erros en tan só dúas semanas. Por iso digo que se Función Pública mostrars interese en resolver o proceso de incendios, este podería ter a Baremación definitiva en pouco tempo por moito que houbese 400 reclamacións a todos os procesos selectivos do SPIF. Como di o dito “Querer é poder”, pero neste caso Función Pública non quere resolver e estamos fartos de esperar!!! Polo tanto, queda claro que a deixadez de Función Pública é a que provoca a dilatación no tempo desta OPE 2019, para moitos denominada a “OPE INTERMINABLE”.


5. Quere facer algunha outra reivindicación?

Bueno por todo o que comentei e por o ben dos opositores esixímoslle a Función Pública que saque a Baremación Definitiva XA!! e resolva este proceso de incendios o antes posible. “Estamos cansos de esperar”. Toda esta situación non só afecta as persoas que gañen finalmente unha das prazas, senón a todo o sistema de listas de contratación temporal que rexen os chamamentos no emprego público de Galicia. Esta dilatación no tempo provoca que a nota dos opositores non sexa reflexada como mérito nas listas mentres outra xente con menos puntuación entra a traballar no seu sitio. Ademais desta manifestación de hoxe, os compañeiros/as do SPIF afectados por esta OPE estamos a valorar a posibilidade de convocar concentracións semanais ou acampar de forma permanente en San Caetano en sinal de protesta.


NOTICIA RELACIONADA:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page