Perruquería Marisa.gif

A mocidade transforma Fonte Díaz na ‘Vila do mañá’ a través da fusión de arte urbano e literatura

Un grupo de 15 mozos mellorou a capital de Touro do 16 ao 19 de agosto


Laura Moure/Touro

Un grupo de 15 mozos do municipio transformaron Touro e a súa capital, Fonte Díaz, do 16 ao 19 de agosto na iniciativa que leva por nome A Vila do Mañá e que recorre distintas localiades. A mocidade, liderada polo proxecto educativo ‘A Vila do Mañá’ que capitanea a arquitecta Sandra González, traballou, aprendeu e divertiuse durante toda esa semana para mudar de novo a faciana das rúas de Fonte Díaz, tal e como indica o Concello.

Os máis novos, a través de grafitis feitos nas paredes, muros e valados, tomaron conciencia de todas as escalas do común na vila de Fonte Díaz: a súa arquitectura, patrimonio, urbanismo e paisaxe. "Esta actividade é a segunda vez que implica ás máis novas e novos do Concello de Touro. O ano pasado, nestas datas, xa implicou á mocidade no proxecto de transformar a vila a través dun proxecto que este ano foi seleccionado para a Bienal Iberoamericana de Arquitecctura e Urbanismo, entre máis de 800 proxectos de 22 países", sinala o Concello.

Sandra González, creadora da Vila do Mañá e arquitecta do proxecto, datalla o intenso traballo feito durante toda a semana: “Primeiro debatemos e tratamos de que mozos e mozas de Touro entenderan a obra e o seu contexto; e consesuamos o traballo que íamos facer”. Posteriormente, continúa, “preparamos o lienzo, neste caso os muros e valados de Fonte Díaz, e traballamos nas rúas”.

Así mesmo, resalta que "en cada obra seleccionada tratamos de que os máis novos foran protagonistas; conseguindo que as súas siluetas invadiran as rúas da súa vila, de Fonte Díaz” e engade que ese é o espíritu “co que levamos traballando na Vila do Mañá dende hai anos”. Ao seu parecer: “Así logramos xerar un vínculo identitario coa súa localidade de orixe, e máis ainda se son eles quenes quedan plasmados”.

“A nosa intervención pretende que Galicia teña vilas, entre elas Fonte Díaz, máis sostibles e comprometidas”. A Vila do Mañá, que comenzou a súa andaina no ano 2016 en Rianxo, estivo dirixida a mozos e mozas, ás máis novas e novos. “Queremos xerar nos participantes que nos acompañen unha nova identidade”, engade Sandra González, quen destacou a importancia de “ter o poder de transformar o espazo”. De agora en diante a rapazada de Touro e todos os veciños e veciñas convivirán cun espazo do que son protagonistas.

151 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif