top of page
Foto del escritorLaura Moure / IsmaelRS

A música volta a Palas de Rei polo Ecce Homo

O Concello decidiu facer uns festexos en formato reducido para poder cumprir todas as medidas de loita contra o coronavirus


Laura Moure/IsmaelRS/Palas de Rei

Palas de Rei celebra esta fin de semana as súas festas do Ecce Homo. Debido á pandemia, o Concello decidiu ser cauto e suspendeu a maioría dos eventos previstos para este ano. Sen embargo, na localidade respírase ambiente de festa, pero extremando as precaucións.


ECOS DA COMARCA desprazouse este domingo a Palas de Rei onde filmou o pasacalle dos Festicultores, que o seu ritmo nunca deixa indiferente a ninguén. E a esta hora continúan animando a localidade.

Os Festicultores en Palas de Rei gravados hai escasos minutos. Autor: Ecos da Comarca.


Ademais, na residencia de maiores da localidade a música tamén é a protagonista a cargo do dúo Ángel América.


Isto é un exemplo de que se poden facer festas, en formato reducido, si, pero que serven para animar aos veciños e que permiten seguir o protocolo de loita contra o virus.


A conmeración desta festividade continuará o martes. Máis información no enlace:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page