top of page

A LV Feira do Cocido de Lalín xa conta con cartel, obra de Diego de Giráldez

Simbolismos de Lalín é o título da creación realizada por este artista multidisciplinar que conta cunha traxectoria mundialmente recoñecida


Laura Moure/Lalín

Onte presentouse o cartel da Feira do Cocido 2023 realizado polo artista multidisciplinar Diego de Girálde”. Foi nunha rolda de prensa ofrecida polo alcalde, José Crespo, na que o cartelista De Giráldez explicou en detalle o significado da súa obra que leva por título Simbolismos de Lalín e na que aparecen reflectidos o porco, o grelo, un prato e na parte superior unha esfera e o Concello e que doou ao Concello de Lalín.

O rexedor destacou que "é unha honra que un referente das artes plásticas en Galicia e en España aceptase realizar o cartel da LV Feira do Cocido e agradeceulle a colaboración que fai a todo o pobo de Lalín". Así mesmo, eeulle as grazas tamén ás concelleiras Paz Pérez e Begoña Blanco que foron as que en primeira instancia contactaron co artista.

Crespo remarcou que este cartel De Giráldez, un “artista que conta con obra mundialmente recoñecida un dos bos carteis da Feira”. “Con esta doazón déixanos a súa pegada para a nosa Feira do Cocido, unha das poucas de Interese Turístico Internacional”.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page