Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A III edición do 'Mercamelide no Camiño' celebrarase os días 13, 14 e 15 de agosto

Participarán 15 comercios locais na céntrica praza do Cantón de San Roque


Laura Moure/Melide

A Asociación de Empresarios da Terra da Melide xunto co Concello da vila celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de agosto a terceira edición da feira de oportunidades, Mercamelide no Camiño, na céntrica praza do Cantón de San Roque.


Nesta iniciativa participarán 15 comercios locais: Mercería Marvi, Calzados Broz, M&M Moda, Colorín Colorado, Electrosan, Mis Mejores Labores, Sakho, Sueños, Frutas Nati, Pequeniños Zapatería Infantil, El Dándolo, Seguros Santa Lucía, Modas Alfonso, Stardemoda e Tu Boutik. "Unha feira de oportunidades con produtos e artigos de todo tipo, dende textil, lencería, calzado, electrodomésticos, seguros, ata froita e verduras. Unha actividade con grandes resultados en canto a participación e vendas nos anos anteriores que este ano contará con actividades musicais paralelas para complementar as tres xornadas", indica a asociación.

Margarita Iglesias, de Mis Mejores Labores, Pilar López, xerente de ASETEM – CCA, Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica e Mary Sánchez, responsable de Electrosan.


O horario do Mercamelide no Camiño será: o venres 14 de 18:00 a 22:00 horas, sábado 15 de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas, e por último, o domingo 15 de 11:00 a 14:00 horas. Como novidade, este ano os comercios estarán todos reunidos debaixo dunha ampla carpa que contará cunha decoración especial para o evento.


A feira de oportunidades conta con tres obxectivos principais: o primeiro, axudarlle aos establecementos da vila a vender aqueles produtos que ao longo da campaña non conseguiron facelo, dada a redución do consumo que está a supoñer a crise sanitaria a un prezo máis reducido. En segundo lugar, esta actividade permite impulsar e promover as compras nos establecementos de proximidade durante tres xornadas nas que, tradicionalmente, Melide acolle a multitude de visitantes e turistas. Por último, a feira de oportunidade, tal e como xa se adiantou, celebrarase no Cantón de San Roque, punto estratéxico da vila polo que pasa o Camiño de Santiago, o que permitirá aproveitar o fluxo de peregrinos así como darlle visibilidade ao municipio. A xerente de ASETEM – CCA afirma que esta acción é “unha boa ocasión para impulsar as compras nos comercios da vila nun momento tan complexo como o actual”.


A celebración do Mercamelide no Camiño contará con todas as medidas sanitarias e de hixiene establecidas por mor da pandemia da Covid-19 para que, tanto clientela como comerciantes realicen as súas actividades dunha maneira totalmente segura.

22 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE