top of page

A II Marcha Eurovelo Compostela atravesará o 28 de xuño Santiago, Boqueixón, Touro, Arzúa e O Pino

A cita terá unha ruta de 55 quilómetros e outra de 91 quilómetros


Laura Moure/C.Arzúa

As inmediacións da Catedral de Santiago de Compostela acollerán o 28 de xuño a saída e a chegada da segunda edición da Marcha EuroVelo Compostela, unha proba cicloturista non competitiva, que tamén pasará pola Comarca de Arzúa. Onte, na súa presentación, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou que “a Xunta aposta por un turismo de calidade no que a sostibilidade é un dos piares básicos do ADN turístico de Galicia como destino”. Neste sentido, salientou que eventos como a Marcha EuroVelo Compostela “permiten visibilizar novas formas de viaxar e descubrir o territorio, favorecendo unha relación máis respectuosa co patrimonio natural, arquitectónico e paisaxístico”.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles, subliñou que Turismo de Galicia “traballa para consolidar o recoñecemento internacional de Galicia como exemplo de turismo responsable, garantindo a mellor experiencia turística para os visitantes e contribuíndo ao desenvolvemento sostible do territorio”.


Con este obxectivo, Xosé Merelles lembrou tamén o esforzo inversor realizado pola Xunta na rede EuroVelo ao seu paso por Galicia, cun investimento superior aos 1,37 millóns de euros financiados con fondos NextGeneration destinados á sinalización dos máis de 560 quilómetros das rutas europeas no territorio galego.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O director de Turismo de Galicia puxo en valor tamén recursos coma a paisaxe, o territorio e a aposta pola sostibilidade como principais atractivos para este tipo de turista. Así, destacou tamén o impacto positivo do turismo deportivo na Comunidade. Segundo os datos da Enquisa de Residentes de 2025, Galicia recibiu 118.000 turistas vinculados ao turismo deportivo, que xeraron preto de 270.000 noites e un gasto superior aos 31 millóns de euros. O gasto medio diario deste perfil turístico situouse nos 116 euros por persoa e día, por riba da media nacional.


Percorrido por cinco concellos

O percorrido da Marcha EuroVelo Compostela atravesará os concellos de Santiago de Compostela, Boqueixón, Touro, Arzúa e O Pino, ofrecendo dúas opcións adaptadas a todos os niveis: unha ruta de 55 quilómetros e outra de 91 quilómetros.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A proba está promovida por sete clubs e asociacións ciclistas da contorna compostelá: BTT Ultreia, Club Ciclista Compostelano, OliveiraBike, Clube Ciclista San Lázaro, Club Ciclista Botafumeiro, Noitebra F.C. e Os Escaravellos Clube Ciclista.


Esta cita deportiva toma o seu nome da rede europea EuroVelo, unha iniciativa da Federación Europea de Ciclistas que conecta o continente mediante 17 rutas ciclistas de longa distancia ao longo de 42 países e arredor de 90.000 quilómetros. Dúas destas rutas rematan en Galicia: a EuroVelo 1 ‘Atlantic Coast Route’ e a EuroVelo 3 ‘Pilgrims Route’.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page