top of page

A I Andaina Montes do Bocelo, Teito da Coruña celebrarse o 26 de xuño, despois de ser aprazada

15 jun 2021
1 min de lectura

Esta iniciativa está organizada polos Concellos de Melide e Toques


Laura Melide/Terra de Melide

Os concellos de Melide e Toques, xunto coa Asociación Deportiva Cerne e a colaboración de Cartotec Gabinete e a Deputación da Coruña, organizan unha andaina que une ambos concellos a través do punto máis alto️ da provincia. Será a I Andaina Montes do Bocelo, Teito da Coruña, que estaba prevista para o 17 de maio, pero debido á pandemia, decidiuse aprazala e acaban de anunciar a nova data: será o 26 de xuño.

A hora de saída será as 9:30 horas e poderá partirse dende o Concello de Toques ou de Melide. Haberá autobuses na cima para desprazarse ás zonas de saída de ambos municipios.

́

Desde o 15 de xuño ata completar prazas

Hai prazas limitadas para participar. Os interesados deben anotarse previamente. O prazo arrancou este martes, 15 de xuño, e estará aberto ata completar prazas. Poden inscribirse de maneira presencial en ambos Consistorios, a través da aplicación Sporttia ( Dispoñible en iOS e Play Store) ou dos teléfonos 981 505 003 extensión 2103 (Melide) ou 981 505 826 e 626 445 816 (Toques). As persoas inscritas recibirán a ubicación da saída así como o tracking por se queren navegar o percorrido.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page