top of page

A humanización das rúas Forcarei e dos Mollaos do Pino suporá un investimento de 605.000 euros

A Xunta asume a través deste acordo o 70% do orzamento, case 424.000€, contratará e executará as obras, mentres que o Concello achega o 30% restante


Laura Moure/O Pino

A Xunta cooperará co Concello do Pino para a humanización da rúa Forcarei e a rúa dos Mollaos, que suporá un investimento superior aos 605.000 euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, asinou hoxe en San Caetano co alcalde do concello coruñés, Manuel Taboada, o convenio para executar estas obras.

A través desta cooperación, trátase de acondicionar estas dúas rúas situadas no núcleo urbano do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago. En concreto, a rúa dos Mollaos presenta un elevado tránsito de peregrinos, xa que en ela atópanse 3 aloxamentos que dan servizo a estes.


A execución destas obras enmárcase nas medidas e liñas de colaboración do Plan Hurbe, coas que a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas se contribúe a promover o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais da comunidade autónoma como motores de dinamización que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O Goberno galego financiará estes traballos coa achega do 70% do orzamento, case 424.000 euros, e contratará e executará as obras, e o Concello do Pino achegará o 30% restante do custe das obras, preto de  182.000 euros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A colaboración entre o departamento que dirixe María M. Allegue e o Concello do Pino, enmárcase na continuada colaboración entre o Goberno galego e as entidades locais para a execución de obras e outras actuacións en materia de urbanismo.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page