A Granxa Arqueixal de Palas e Adegas e Viñedos Lareu, gañadoras dos Premios Bacelos de Prata 2026
Os galardóns recoñecen dous proxectos vinculados á produción agroalimentaria, á defensa do territorio e ao uso da lingua galega
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O xurado dos Premios Bacelos de Prata 2026 acordou conceder os galardóns correspondentes á XVIII edición á Granja Arqueixal, situada na parroquia de Santiago de Albá, en Palas de Rei, e a Adegas e Viñedos Lareu S.L., de Sabadelle, no concello de Chantada.
A decisión foi adoptada o pasado venres, 28 de agosto, nunha reunión celebrada no Pazo dos Ulloa, en Esposende-Ribadavia (Ourense), na que participaron representantes da Asociación Álvaro das Casas, do Foro Enrique Peinador, da Consellería do Medio Rural, da IRGADE e do colectivo Galeguizar Galicia.
PUBLICIDADE
No caso da Granja Arqueixal, o xurado puxo en valor a continuidade dunha tradición queixeira familiar iniciada en 1989, baseada na produción ecolóxica e na transformación do leite das súas vacas en produtos como queixo cremoso, queixo de nabiza, iogur natural e leite fresco pasteurizado. De feito, xa recibíu outros recoñementos. Nas Catas de Galicia de 2025, o queixo Arqueixal conseguiu o ouro na categoría de produción ecolóxica e o Arqueixal curado levouse unha prata.

PUBLICIDADE
O proxecto destaca tamén polo uso do galego na etiquetaxe, na páxina web e na divulgación da actividade, así como pola aposta polo agroturismo e pola comunicación directa coas persoas consumidoras. O xurado salientou a súa dimensión integral, que combina actividade agroalimentaria, recuperación da arquitectura tradicional, agroturismo e defensa do territorio.









Comentarios