A Garda Civil rescata a un pequeno corzo desorientado en Becerreá
- ecosdacomarca

- 17 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil rescato o pasado luns un exemplar novo de corzo que se atopaba desorientado nas inmediacións da estrada N-VI, ao seu paso polo termo municipal de Becerrea (Lugo).

O animal, visiblemente asustado, abandonou a vía e accedeu ao interior do garaxe dunha vivenda situada no lugar de Cereixal, onde quedou refuxiado. Tras recibir o aviso, unha patrulla da Garda Civil desprazouse ao lugar e, tras adoptar as medidas necesarias para evitar que o animal sufrise danos ou provocase situacións de risco para a circulación, conseguiron capturalo de forma segura.
PUBLICIDADE
Unha vez comprobado que o animal salvaxe atopábase en bo estado, os axentes procederon ao seu traslado e posterior liberación nunha zona de monte adecuada para o seu hábitat natural, afastándoo das vías de comunicación e garantindo así a súa seguridade.
PUBLICIDADE
A actuación concluíu sen incidencias e permitiu preservar a integridade do animal, así como evitar posibles accidentes de trafico derivados da súa presenza na estrada.








Comentarios