A Garda Civil neutralizou unha bombona sospeitosa localizada nunha sucursal bancaria
- ecosdacomarca

- 9 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O equipo dos Tédax da Garda Civil, experto en explosivos, analizou e desactivou unha bombona conectada por cables, que foi localizada nunha sucursal bancaria situada na Rúa Solís Ruíz, en Crecente. Ningunha persoa resultou ferida e tampouco foi detectada ningunha fuga de gas.

No operativo tamén colaboraron a Policía Autonómica e o GES-SPEIS de Ponteareas.
Publicidade
Deste xeito, cando chegaron ao lugar, os Tédax retiraron os cables e a bombona e os GES-SPEIS de Ponteareas encargáronse de realizar medicións e ventilar as instalacións afectadas.







Comentarios