A Garda Civil investiga a unha muller por suposta estafa á PAC
- ecosdacomarca

- hace 15 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil imputa en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de 66 anos de idade como suposta autora dos delitos de estafa, fraude de subvencións e de usurpación como consecuencia de solicitar axudas PAC, formuladas ante o fondo galego de garantía agraria, adscrito á Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia, en calidade de órgano xestor deste tipo de axudas na Comunidade Autónoma de Galicia.

A persoa investigada supostamente procedeu durante o últimos cinco anos á inclusión de inmobles rústicos en réxime de tenencia “arrendamento” sen contar coa autorización dos seus titulares e en réxime de tenencia “propiedade” sen ser as mesmas da súa propiedade, co suposto propósito de acrecentar a superficie declarada, e así obter unha maior percepción económica na subvención recibida.
Publicidade
O importe das axudas PAC recibidas nestes anos ascende a un total de 17.800 euros. As dilixencias policiais son remitidas ao Xulgado de Instrución e a Fiscalía da Audiencia provincial de Lugo.
Publicidade
Axudas da política agraria común (PAC)
O obxecto destas axudas é apoiar as rendas dos agricultores e gandeiros co fin de que se rendibilice a agricultura e garántase a produción de alimentos seguros. Os dereitos destas axudas son outorgados pola administración autonómica competente e deben levar aparellados unhas terras e unha actividade para exercer sobre esa terra.








Comentarios