top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil investiga a un condutor multirreincidente por perda de vixencia do permiso de conducir

Nun mes foi detectado dúas veces conducindo un turismo cun permiso sen vixencia


Ecos da Comarca/Xeral

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña puxo ao dispor xudicial a un condutor por presunto delito contra a seguridade viaria. O individuo, foi detido o venres 29 de marzo na estrada que une Ordes e Pontecarreira (DP-3802), municipio de Ordes, por circular cun vehículo cun permiso sen vixencia, ao perder todos os puntos do carné. Este caso é parte dos esforzos do Subsector de Tráfico da Coruña por combater a condutores multirreincidentes, como este individuo, quen xa fora investigado a principios de mes polo mesmo motivo.

Cun historial delituoso en seguridade viaria, enfróntase a posibles penas de privación de liberdade. A Agrupación de Tráfico na provincia da Coruña conta con persoal especializado na detección de condutores multirreincidentes e delincuentes viais, co obxectivo de previr sinistros viarios e protexer aos usuarios das vías. É fundamental destacar a importancia de previr delitos de condución sen permiso, xa que representan un perigo para todos os usuarios das estradas. Os esforzos da ATGC céntranse en fortalecer a loita contra este tipo de comportamentos antisociais e delituosos.


Para os delitos relacionados coa condución sen permiso/licencia (art. 384 CP en España), prevense penas de prisión de 3 a 6 meses, multas de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.



Publicidade

Deste xeito, mentres este era xa trasladado en ambulancia, os efectivos dos Bombeiros de Deza procederon a excarcerar á outra persoa ferida. Ambas foron finalmente evacuados ao centro hospitalario de referencia.


Neste operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page