top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil investiga a 17 persoas tras estafar bancos das comarcas de Vigo, Zamora e Madrid

Usaban vehículos de alta gama como pretexto para obter financiamento de fronte unha venda ficticia


Ecos da Comarca/Xeral

A operación denominada ”DIABLA”, comezou no mes de xaneiro do presente ano, e foi desenvolta o Grupo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Pontevedra. Dos tres investigados un facíase pasar ante a entidade bancaria como vendedor dun vehículo de alta gama, o segundo como xestor do trámite e o terceiro como vendedor do vehículo, presentando a documentación necesaria para a concesión do crédito, toda ela falsificada, (nóminas, contratos de compravenda, certificados etc), unha vez concedida a cantidade solicitada, retirábana en 24 horas, devolvendo a continuación as letras de pago emitidas, do préstamo obtido.

Ante o coñecemento deste feito e a súa repetición, noutras entidades bancarias, iniciouse unha longa investigación para a identificación dos autores, concluíndo que polo menos catro sucursais bancarias da área de Vigo e provincia de Zamora foron afectadas, e non se descarta que outras entidades resultasen prexudicadas, sen que presentasen denuncia, ao descoñecer que a documentación, que obra nos expedientes de concesión dos créditos podería ser falsa.

Os vehículos utilizados para o engano, nin se atopaban á venda, nin a súa titularidade era do vendedor, xa que o seu propietario real tamén participaba no grupo delituoso, sendo utilizados como pretexto para obter financiamento de fronte unha venda ficticia. Por este método obtivéronse dous préstamos por valor de 21.400 € e 21.000 € respectivamente. A particularidade desta estafa é que as entidades bancarias, tratan estes créditos non pagos como falta de pagamentos, e reclámaos por vía civil, cando en realidade trátase dun delito falsidade documental recollido no Código penal. Durante o pasado mes de outubro procedeuse a investigar por delitos de estafa a 17 persoas en Toledo, Oviedo A Coruña e Pontevedra. Así mesmo, procedeuse á incautación de dous vehículos, utilizados na estafa. O procedemento está a ser instruído polo Xulgado de Instrución número Tres do Porriño.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page