top of page

A Garda Civil intervén bilis de oso liofilizada no aeroporto e investiga a un cidadán chino

Ecos da Comarca/Xeral

O Servizo de Fiscal e Fronteiras da Garda Civil do Aeroporto de Vigo-Peinador, interveu 3 g de bilis de oso liofilizada distribuída en 30 botes, na equipaxe dun pasaxeiro procedente de China. Durante un control rutineiro na inspección de equipaxes, localizouse 30 frascos que conteñen bilis de oso liofilizada cun peso total de 3 g. a un pasaxeiro procedente de China.

ree

Esta substancia emprégase en medicina tradicional do sueste asiático, a extracción de bilis de oso realízase en granxas onde aos plantígrados como o oso negro asiático, para a súa extracción realízalle procedementos dolorosos coa inserción repetida de catéteres ou sondas na vesícula biliar en condicións frecuentemente desalmadas.


As especies de osos das que se extrae a súa bilis atópanse todas elas protexidas polo Regulamento (CE) 338/97 do Consello, sobre a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES), encadrándose dentro dos ANEXOS que inclúen as especies en perigo de extinción, estando o comercio destes especímenes prohibido con carácter xeral por considerarse que pode poñer en perigo a especie e soamente autorizado baixo circunstancias excepcionais.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por este motivo e ao atoparse a obtención da bilis vinculada a prácticas de extracción crueis e uso de animais protexidos, é por iso que o SEPRONA de Pontevedra fíxose cargo das dilixencias de investigación, sendo investigado o pasado 15 de setembro un cidadán chinés como autor dun suposto delito de tráfico de flora ou fauna protexida recollido no artigo 334 do Código penal.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Garda Civil lembra que o comercio ilegal de produtos derivados de especies protexidas constitúe un delito grave que atenta contra biodiversidade e o benestar animal e que as infraccións relacionadas con produtos derivados de especies protexidas poden conlevar sancións penais, económicas e de contrabando.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page