A Garda Civil detén a un veciño da Estrada por un presunto delito de incendio forestal
- ecosdacomarca

- 26 sept
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil da Estrada detén a un veciño da localidade, de 49 anos, con antecedentes policiais, como suposto autor dun delito de incendio forestal. Os feitos ocorreron o pasado día 25 á 1:30 horas da madrugada, cando se recibe un aviso na central COC da comandancia de que unha testemuña chamou dicindo que hai un home que vai prendendo lume pola estrada.

A patrulla diríxese ao lugar e atopa un contedor de lixo completamente calcinado, e un pouco máis adiante, en dirección á praia fluvial de Liñares (A Estrada), un incendio forestal nunha marxe da vía.
PUBLICIDADE
Desprázanse ao lugar unha brigada de extinción de incendios, dúas motobombas e 2 axentes forestais que logran extinguir o incendio sobre as 03:00 horas. Durante este tempo a patrulla percorre as inmediacións e pistas sen atopar a ninguén, ata que a uns 200 metros do incendio localizan a unha persoa que coincide coa descrición do suposto autor dos feitos, atopábase aniñado, durmindo e ao seu lado unha bolsa plástica con bebidas alcohólicas e sete chisqueiros entre as súas pertenzas, polo que se procede á súa detención e traslado a dependencias oficiais.
PUBLICIDADE
As dilixencias, xunto co detido foron presentados no Xulgado número UNO da Estrada, que decretou a súa liberdade con cargos.








Comentarios