top of page

A Garda Civil desarticula un grupo criminal vinculado a múltiples roubos con forza en vivendas en Galicia

Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil, no marco da Operación VIPORTO, desarticulou un grupo criminal itinerante de orixe albanesa, especializado na comisión de roubos con forza en 14 vivendas, nas provincias de Pontevedra e A Coruña. A investigación foi desenvolta polo Grupo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Comandancia de Pontevedra, baixo a dirección da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Pontevedra Praza Nº 2.

Iniciouse no pasado mes de decembro, tras detectarse un considerable aumento de roubos con forza no interior de vivendas habitadas durante os últimos meses do ano na provincia. As primeiras xestións permitiron aos investigadores centrar as súas sospeitas nun grupo criminal internacional, que se atopaba asentado de forma eventual na cidade de Vigo, zona estratéxica, desde onde planificaba e executaba os roubos.


O grupo presentaba un alto grao de organización e estrutura, propio da delincuencia organizada, cunha clara repartición de roles entre os seus integrantes. Un deles encargábase dos labores loxísticos, xestionando vivendas e vehículos de alugueiro, realizando o transporte do resto de membros ata as localidades onde estaban as vivendas afectadas.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Unha vez no lugar seleccionado, dous deles desprazábanse monte a través ata unha zona de vivendas, percorrendo varios quilómetros a pé, accedendo habitualmente ao interior das mesmas mediante apancamento dalgunha das súas xanelas.


O condutor desprazábase a zonas comerciais, onde permanecía durante horas pasando totalmente desapercibido, regresando máis tarde a un punto de encontro previamente establecido para recoller aos autores materiais do roubo. Seleccionaban preferentemente vivendas situadas en zonas rurais ou illadas, moi próximas a áreas forestais, o que dificultaba a súa detección e facilitaba unha rápida fuxida tras a comisión dos feitos.


Adoptaban importantes medidas de seguridade, cambiando de vivenda e de vehículo ata en catro ocasiones en menos dun mes, co obxectivo de evitar seguimentos policiais. Estaban permanentemente conectados e apenas saían do domicilio para minimizar o tempo de exposición en vía pública. A súa actividade delituosa centrábase principalmente na subtracción de xoias, ouro e diñeiro en efectivo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Desde o momento da súa detección, e a pesar das dificultades derivadas das medidas de seguridade adoptadas polo grupo, os investigados foron sometidos a un constante seguimento policial, que permitiu vincular aos agora detidos coa totalidade dos feitos delituosos investigados, determinando o grao de participación de cada un deles.


Os principais roubos tiveron lugar en Pontevedra, Redondela, Vilaboa, Santiago e Trazo (A Coruña). Como resultado da explotación da Operación VIPORTO, durante os días 27 e 28 de xaneiro, levaron a cabo dous rexistros domiciliarios nas localidades de Vigo e Torrevieja (Alacante), procedendo á detención dos catro integrantes do grupo criminal, onde atoparon múltiples evidencias da súa actividade delituosa.


Interviñéronse xoias, reloxos, diñeiro en metálico, efectos persoais, dispositivos móbiles, tarxetas SIM, 14kgs de marihuana, así como ferramentas e utensilios utilizados para a comisión dos roubos. Localizouse un zulo nunha zona forestal que contiña diversos reloxos procedentes dos ilícitos.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Un dos detidos ten antecedentes policiais e xudiciais en España, así como cunha prohibición de entrada en territorio nacional.


Aínda que a investigación continúa aberta, non se descarta a vinculación deste grupo criminal con outros feitos delituosos ocorridos en Galicia durante os últimos meses do ano 2025. Con esta actuación, a Garda Civil dá por desarticulado un grupo criminal itinerante, cunha elevada actividade delituosa en Galicia.


A investigación levouse a cabo coa Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Pontevedra Praza Nº2 e a Fiscalía de Pontevedra, que decretou o ingreso en prisión dos catro detidos. Contouse co apoio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial de Alacante, USECIC de Pontevedra, USECIC de Torrevieja e a Unidade Técnica de Policía Xudicial da Garda Civil.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page