top of page

A Garda Civil desarticula un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas na Estrada

Ecos da Comarca/Xeral

O equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín e o Posto da Estrada, procederon á desarticulación dun grupo criminal dedicado ao tráfico de cocaína. Este grupo dedicábase á comisión de delitos contra a saúde pública, branqueo de capitais e pertenza grupo criminal. No marco da Operación Atamán, detívose a un home de 50 anos, principal xefe da organización e á súa parella, unha muller de 44, veciños da localidade da Estrada, así como á investigación doutro home de 38 anos, como presuntos autores responsables.

ree

Procedeuse a un rexistro domiciliario e á inspección dun vehículo, localizando oculto no seu interior diferentes paquetes dunha substancia que resulta ser cocaína, sendo o seu peso bruto de 2.468 gramos. Incáutanse dous vehículos de alta gama, así como outros utensilios para a elaboración e distribución de substancias estupefacientes e diñeiro en efectivo.


Todos eles posúen numerosos antecedentes por feitos similares, así como ingresos en prisión. Os autores, a pesar de non ter actividade profesional ningunha, levaban un alto nivel de vida, e a este punto de venda de droga acudían toxicómanos de toda a provincia.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

En todo momento a operación foi dirixida e coordinada polo Tribunal de Instancia, sección civil e de Instrución número 2 da Estrada.


Os detidos pasaron esta mañá a disposición xudicial, onde se decretou o ingreso en prisión do home.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page