top of page

A Garda Civil alerta sobre o incremento de estafas amorosas na provincia de Lugo

Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil de Lugo alerta do aumento de casos de estafas coñecidas como romance scam ou estafas amorosas, unha modalidade delituosa que se aproveita da vulnerabilidade emocional das vítimas para obter un beneficio económico mediante engano.


O perfil máis habitual das victimas corresponde, principalmente, a mulleres de entre 45 e 70 anos, moitas delas en situación de soidade ou con necesidades afectivas, aínda que calquera persoa pode verse afectada.

Neste tipo de fraude os delincuentes crean perfís falsos en redes sociais ou plataformas de mensaxería, simulando identidades atractivas e cribles, co obxectivo de establecer unha relación sentimental ou de confianza coa vítima. Unha vez consolidado ese vínculo, comezan a introducir problemas ficticios como urxencias médicas, bloqueos bancarios accidente, viaxes frustradas ou dificultades laborais, solicitando diñeiro de forma progresía ou datos bancarios baixo distintos pretextos.


Os estafadores non buscan unha relación afectiva real, senón obter diñeiro. Para iso empregan técnicas de manipulación emocional coidadosamente planificadas, acelerando a confianza e xerando dependencia afectiva para facilitar o engano.


A garda Civil detectou na provincia lucense varios intentos e consumacións deste tipo de fraude, con prexuízos económicos que nalgúns casos ascendes a miles de euros. Detectar estes patróns de comportamento resulta fundamental para frear o engano a tempo e evitar danos económicos e emocionais.


 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A Garda Civil lembra que a prevención e a información son ferramentas esenciais fronte a este tipo de ciberdelitos, especialmente cando se aproveitan da vulnerabilidade emocional das persoas.


Recomendacións específicas ante os riscos de coñecer a persoas a través de redes sociais, que é onde se orixinan a maioría deles romance scam:

1. Desconfiar de perfís que contactan por redes sociais sen motivo claro, mostrando un interese repentino, con frecuencia, os estafadores utilizan un perfil falso.


2. Revisar o perfil con ollo crítico. Sinais de alerta: . poucas fotos ou demasiado perfectas . fotos de aspecto profesional ou roubadas (pódese realizar unha procura inversa a través de buscador de imaxes na internet): poucos amigos ou seguidores, publicacións recentes ou case inexistentes.


3. Esixir videollamadas, os estafadores sempre poñen escusas: mala conexión, traballo, misións militases. Se nunca queren mostrar a súa cara en tempo real, é unha potencial fraude.


4. Nunca compartir datos privados sensibles Evitar enviar: DNI ou pasaporte, dirección, datos bancarios, fotos íntimas, información familiar... Todo pode ser usado para extorsión ou suplantación.


5. Se pide diñeiro é unha estafa. Dá igual a escusa: enfermidade, accidente, problemas legais, billete de avión, herdanza bloqueada, investimentos urxentes... Unha persoa que acabas de coñecer en liña non debe pedirche diñeiro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

6. Corta o contacto ante calquera sospeita. Garda probas (chats de conversacións, captura de perfil, transferencias realizadas, etc), bloquea o contacto e non respondas máis. Os estafadores insisten, presionan e manipulan; cortar o vínculo é clave.


7. Comenta a relación con alguén de confianza. Os estafadores intentan illar á vítima. Falar cun familiar ou amigo permite detectar sinais que ti, por implicación emocional, non ves.


8. Denuncia sempre

Acode ás Forzas e Corpos de Seguridade, o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade de España) ofrece servizos gratuítos en ciberseguridade e orientación de como denunciar fraudes en liña na Liña 017, dispoñible todos os días para resolver dúbidas e orientar ante fraude, estafas ou problemas de seguridade dixital.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page